NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Carta aberta de Queremos Galego ao Alcalde de Cedeira

PHP-NukeSr. Alcalde,

Os últimos anos, o Concello de Cedeira, órgano de representación da cidadanía cedeiresa, perdeulle o respeito ao idioma de noso, converténdoo en subsidiario e desprotexendo os seus ámbitos de expresión e dereito, os servizos administrativos e as infraestruturas culturais. Non se entende que teimen en aplicar medidas regresivas que reducen a lingua galega a un uso residual nunha vila que sempre agarimou o idioma propio independentemente das súas afiliacións ou simpatías políticas.

Non tendo de abondo co desleixo, tamén queren dividirnos por razón de lingua. O seu partido, o PP, vén de apresentar a chamada Lei Wert. Pura vontade de humillación. Os datos falan nídio e claro, á vulneración dos dereitos lingüísticos ensaiada por Feixoo no ensino, a Lei de Educación do ministro Wert vén desestabilizar aínda máis á sociedade galega nun intre no que precisa da máxima cohesión. Mais xa guindaron a pedra da discordia. Cando o Estado ataca con leis desleais o cerne da nosa cultura, vostede tíñao fácil, abondáballe seguilos pasos de Xosé Pascual López Cortón, o indiano que alentou os primeiros Xogos Florais e que tan ben coñece, pois foi quen de lle pór o seu nome á Biblioteca Pública aló polo 78. Apelamos a ese espírito e a esa dignidade.

Se un pasea polas prazas e rúas de Cedeira escóitase falar galego, si. Ano após ano as cifras son semellantes, seica hai maior competencia lingüística nos escolares e unha alta porcentaxe de persoas que o entenden e falan. Verdade ou mentira? Ao cabo, calquera persoa interpelada vese no dereito de dicir ao enquisador que si, que fala galego. Mais non é doado atopar miúdos a falaren galego entre deles ou achar cidadáns a exerceren os seus dereitos ao ler o menú dun restaurante ou cando se dirixiren á administración local ou ao centro de saúde e que funcionario empregue o galego como primeira opción. Precisamos que as nosas institucións sexan exemplares e velen polos dereitos lingüísticos, que defendan a sociedade civil, con proxectos de prosperidade, xustiza e dignidade. Mais como pode ser noso o futuro se abandonamos o que nos deu e nos dá secular expresión? Por qué, porén, é tan doado sentir entre quenes non deron o galego aos seus fillos un elo de remorso? Por qué se mantén unha relación mecánica entre o prestixio da lingua e o cada vez maior afastamento psicoafectivo? Está nas mans da sociedade civil e das institucións virar esa tendencia. E convidámolo a sumarse e pular connosco. Como xa sabe, logo da mesa redonda e presentación do libro «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos» – ao que foi convidado o pasado dia 3 da cafetaría do Auditorio pola revista Olláparo e pola Mesa pola Normalización Lingüística – que contou coa participación do autor Carlos Callón, o filósofo Gabriel Beceiro e a coordinación de Fernando Igrexas responsábel en Ortegal da Mesa e da Plataforma Queremos Galego, volvemos a convidalo a sumarse á cidadanía na gran manifestación Pola lingua que nos une (domingo 27 de xaneiro ás 12 horas) en defensa da lingua propia naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada.

A Plataforma Queremos Galego (composta por máis de 700 entidades e colectivos sociais de todo o país) insta ao Sr Alcalde de Cedeira, representante de toda a cidadanía cedeirense, a moverse a favor de aquilo que nos une e identifica. O 27 de xaneiro a Compostela dende Ortegal, pola lingua que nos une.

Cos mellores cumprimentos,

Fernando Igrexas
Plataforma Queremos galego Mesa pola Normalización Lingüística en Ortegal

Link: Queremos Galego Ortegal



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 3


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Carta aberta de Queremos Galego ao Alcalde de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos