|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA |
“A TODO CERDO LE LLEGA
SU SAN MARTÍN”,
unha
concelleira do PP amenaza ao voceiro do grupo municipal do PsdeG-PSOE
Na sesión ordinaria do
Pleno do Concello de Cedeira, celebrada o 26 de setembro, no punto no que se
discutía a proposta do grupo socialista para eliminar as indemnizacións por
asistencia a comisións, plenos e xuntas de goberno, a concelleira popular, Almudena
Molina Pérez, tomou a palabra para ofender ao público asistente que, en sinal
de protesta, abandonou o salón para incorporarse no seguinte punto, e proferir
amenazas contra o portavoz socialista, José Luis Vergara Rey.
A mencionada concelleira
nada contrapuxo ás queixas socialistas polas denuncias referentes ao
despilfarro dos concelleiros populares ao embolsarse 66.000 das antiguas pesetas do erario público
cedeirés por asistir a dúas sesións da xunta de goberno que duraron once e dez
minutos respectivamente.
O seu ataque foi frontal e persoal contra Vergara, sinalando
unha pequena mesa do salón de plenos na que o alcalde ten presidindo un crucifixo,
díxolle que o iba colocar nun altar coma o que alí había (un cristo
crucificado) e que a “todo cerdo le llega su San Martin”.
O alcalde-presidente
nada obxetou, tendo que ser o propio portavoz socialista quen protestara ante
as amenazas vertidas pola representante popular, ao mesmo tempo que preguntaba
si o que se lle ofrecía era o mesmo que no San Martiño se lle dá ao pobre
animal.
O Grupo Socialista vai
solicitar do Concello unha copia do audio gravado pola secretaría para realizar
a acta, toda vez que tales expresións exceden con moito a necesaria libertade
de expresión que debe preservarse no debate político.
O caldo non está para estes
bolos.
Os terribles acontecementos ocurridos este agosto no Concello de Cedeira
circunscríbense nun ambiente de impunidade que propicia todo tipo de excesos.
Amenazar cun San Martiño a un Concelleiro ten unha lectura nada prometedora.
Si
os partidos políticos e o resto de institucións miran para outro lado
convértense en cómplices da situación de impunidade que sofre o noso municipio.
A Concelleira ten que
sair de inmediato a retirar as súas palabras e o Partido Popular ten que
desautorizala.
Si permitimos que cada cidadán tome a xusticia pola súa man,
nada bo pode augurarse do noso futuro.
A Agrupación Socialista de Cedeira é
consciente de que está exercendo unha oposición todo o dura e sistemática da
que somos capaces, pero facémolo desde a lealtade ás regras de xogo, aos
procedementos e ás institucións democráticas polas que tanto loitamos.
Sentímonos
con esa obligación e temos dereitos aos que non pensamos renunciar por moito
que se nos pisotee.
Quen teña poder para facelo, non debera permitir que ningún
cidadán amenace a outro de ningunha das maneiras e menos, citando ao San
Martiño. Xa está ben de meterlle medo á xente.
En Cedeira a 26 de setembro de 2012
P.D.
Sobra dicir que na
votación o Partido Popular rexeitou cos seus sete votos a proposta socialista
de que renunciar ás indemnizacións vergonzantes da Patrona (As Xuntas de
Goberno foron o 14 e 22 de agosto) e se eliminasen a partir de agora todas as
indemnizacións por asistencia a plenos (un cada dous meses a razón de 60€) a
Comisións (unha ou dúas cada dous meses a razón de 60€ cada unha) e a Xunta de
Goberno (catro ao mes a razón de 196 € cada unha).
Link: Agrupación Socialista de Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 6
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|