|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 38 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Centro de Estudos Financeiros - Concello de Cedeira |
O Concello de Cedeira e unha empresa madrileña atópanse «en conversacións» para a posta en marcha dun centro de estudos financeiros que se situaría no casco antigo da vila.
Segundo informou esta mañá o edil de Desenvolvemento Local, Luís Rubido, trátase dun proxecto de iniciativa privada que impartiría accións formativas de curta duración para «grupos reducidos e especializado no mundo das finanzas». O centro situaríase na rúa Real, concretamente en dous inmobles adquiridos pola firma promotora para a súa «rehabilitación integral».
O Concello mostrouse favorable á creación do centro que, segundo Rubido, «suporía un revulsivo para zona vella». O responsable de Desenvolvemento Local avanzou que a empresa xa presentou o proxecto a Costa Noroeste para optar ás liñas de axuda que mantén aberta a entidade.
Link: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Centro de Estudos Financeiros - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|