|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 27 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Día da Bicicleta |
O Concello de Cedeira, en colaboración co Club Ciclista "Punta
Candieira", recupera este ano o Día da Bicicleta. A cita terá lugar o
domingo 17 de xuño e consistirá nun paseo polas rúas da vila no que a
competición será o menos importante. Trátase, en definitiva, de gozar
deste medio de transporte respectuoso co Medio Ambiente e do conxunto da
localidade.
A Concellaría de Deportes, promotora da iniciativa, organizou un
percorrido adaptado a todas as idades e que durará ao redor dunha hora.
Os participantes tomarán a saída da praza Roxa ao redor das
11.30 horas. De forma previa, e tal e como informan desde o propio
consistorio, procederase á inscrición dos asistentes. Todos aqueles que
tomen parte no percorrido, poderán optar a un sorteo de obsequios que o
Concello levará a cabo na mesma praza á chegada da ruta ciclista á que
animan a participar aos veciños.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Día da Bicicleta" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|