NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 18 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 OLLÁPARO

PHP-Nuke



Revista da Sociedade Cultural CHIRLATEIRA





© 2012 - OLLÁPARO
+Info : preme aquí

Por qué Olláparo ?
Porque sentimos que é un tempo en que temos que volver a defender as cousas mínimas, a sanidade e a educación públicas, o traballo e a dignidade, o idioma e o territorio…porque aínda estamos vivos, porque aínda non nos despedimos malia as existencias sesgadas e as empresas interrumpidas. Porque sentimos que somos una xeración que non pasou guerra nengunha pero perdeu todas as batallas. Porque non nos imos tomar tan en serio malia as caricaturas que a nosa época produce.


Porque os mortos chaman por nós. Porque ainda non fomos quen de encher tanto silenzo. Porque sempre fomos fotoxénicos e sempre nos gustou o arrebato frente ao anonimato dos despachos e o calor do rebaño. Porque temos gañas de ser como queremos ser. Porque todo é posibel e todo é desexabel. Porque fariamos feliz un congreso de psiquiatras. Porque somos oportunistas: nós tamén nos indignamos. Porque xa sabemos que o mundo vai á merda, mentras non chega o momento…,  ponlle outra e bebe ti o que queiras. Porque hai cousas que non poderemos perdoar na puta vida. Porque reivindicamos a incoherencia esporádica: temos todos os vicios. Porque desmitificamos, pode e debe haber alternativas. Porque aínda que somos perversos, e un pouco cadelos, hai unha certa comunidade en Cedeira á que non disgustamos de todo… En fin, porque o espazo que estamos a ocupar témolo que gañar Niso confiamos, coa colaboración de todos/as Dícianos Carlos Casares no 1984 (Olláparo  num.2) que o noso heroismo era o da normalidade, a xenerosidade, a vontade e a paciencia para facermos realidade  – dicía el- os soños de hai vinte anos. Pasaron outros vinte, cecais máis. Os conflitos non diminuiron e os anxos grises de a diario continuan a estaren aí coma o dinosaurio de Augusto Monterroso. Non sabemos se se perdeu o  a tensión heróica do romanticismo idealista, ou se ésta só era a expresión do próprio desexo  de Casares  hai vinte anos, cecais máis. Porén, continuan a preocuparnos as cousas do país, de Cedeira e do mundo. E queremos continuar pingando a nosa pinga…até furar a pedra (como nos dicía Méndez Ferrín no albor do Olláparo num.1). Sempre aspiramos a inserir o local no nacional e alén. Nun sistema político superior e nas correntes creadoras daquí e máis dacolá. A racionalidade nacionalista que albiscara Viqueira (do que era parente  o cedeirés Xosé Pascual López-Cortón, impulsor dos primeiros Xogos Florais de Galicia de 1891)  foi sempre a do progresismo e a universalidade e ese é o noso habitat e dominio, o noso Pozo da Auga,  o noso laño e o noso berce, de Eixil a Burneira e alén Chirlateira, a nosa porta e a nosa fiestra natural ao mar,  ao mundo. Entendemos que hai moitos portais de internet para a información xeral de noticias e deportes, poucos en galego se ben a nosa blogoesfera é  activa e cada vez máis interesante. Polo tanto, a nosa non é unha alternativa á información. Procuramos opinión dende Cedeira. É verdade que moitos de vós pensaredes nos blogs persoais, a sección de opinión dos xornais, e mesmo nas conversas  produtivas  dos bares, moito máis diversas que as que de vez en cando aparecen nas televións, con todo, o proxecto de edición dixital do Olláparo abranxe este blogue e a revista que estamos a enfornar.  Olláparo dixital pretende ser un formato que non só contará  co noso punto de vista  dos tema s de actualidade ou de que nos pete, senón que se propón retomar a liña dos primeiros olláparos, é dicir, ter coma colaboradores aos veciños e veciñas de Cedeira e de Ortegal, de Galicia e do mundo, profesionais de todos os sectores  que queiran achegar a súa visión e o seu rigor a este proxecto local/global. As posibilidades das TIC e de internet abren portas á comunicación que apenas se albiscaban en 1984. O paradigma dixital está a mudar as formas de ler, de escribir e de informarse. As posibilidades de infotoxicación tamén son moitas e a fenda dixital unha evidencia que está xerar unha nova forma disparidade no acceso aos recursos da sociedade da información. Xa dicía o Nietzshe que aquilo que non me destrue fortaléceme. Compre darmos una reviravolta, facer balanzo,  ofrecer espazo para respostas alternativas multidisciplinares, traballar as resistencias, destacar os funtos fortes, afortalar os febles. E, sobretodo,  facilitar o acceso aos máis novos á serie completa de revistas que se van publicar entre os anos oitenta e noventa e que, en moitos casos, ou ben non saben da súa existencia, ou ben son dífíciles de atopar. O proxecto Ollápar dixital proxéctase por primeira vez neste blogue de acción inmmediata aberto a simpatizantes e detractores, articulándose en tres eixos de acción:
  1. A activación do blogue do Olláparo: http://ollaparo.com
  2. A divulgación no blogue das edicións anteriores de  Olláparo, todas elas en papel,  en formato pdf.
  3. A edición do novo Olláparo dixital,  en tres pasos de implementación:
3.1.Tradución ao galego do software libre: Open Journal Systems 3.2.Adaptación do software ao proxecto 3.2.Activación e edición do primeiro número Olláparo dixital é un proxecto aberto. Que ninguén se sinta excluído. Podedes achegar  as vosas propostas, chatas, suxestións, comentarios, emendas…ao correo-e: ollaparo.revista@gmail.com


Link: Olláparo



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"OLLÁPARO" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos