AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 69 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira

PHP-NukeA Consellería do Medio Rural e do Mar evita aclarar se financiará -xunto co Fondo Europeo da Pesca- a vixilancia das áreas mariñas protexidas de Lira e Cedeira, a pesar de que o contrato que ten coa empresa Tragsa finaliza o vindeiro luns. Os traballadores da compañía foron avisados dun inminente despedimento, o que preocupa e moito aos mariñeiros e mariscadores que nos últimos anos viron como cunha xestión sostible aumentan o tamaño das especies, as capturas e a actividade

A Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira cumpriu tres anos en marzo. "notamos unha mellora nos principais recursos pesqueiros, cun incremento tanto nas capturas como no tamaño dalgunhas especies crave grazas a unha pesca sostible e responsable, que non produce descartes, non causa danos aos ecosistemas, que contribúe á xestión sostible e integral da costa e promove a diversificación", aseguran os seus usuarios. Os pescadores participan e deciden sobre a xestión da reserva e observan os beneficios derivados da súa xestión. O seu plan de xestión anual demostrou un alto grao de responsabilidade e compromiso: establecemento de novas zonas de veda para cría de especies e aumento das tallas mínimas de captura nalgúns casos de ata un 50%. Isto nun espazo natural que antes vía reducirse a súa capacidade produtiva e agora incrementou a biomasa e as capturas.

Pero é que ademais, a creación da reserva de Cedeira supuxo o impulso definitivo á definitiva construción e posta en marcha da depuradora de augas residuais, que produciu unha considerable mellora da calidade das augas e, en consecuencia, das zonas de pesca, como o demostra o paso da zona clasificada como B a zona A para o cultivo de moluscos bivalvos.

Protección ambiental

A protección da ría foi fundamental na paralización de macroproyectos industriais e empresariais que determinadas sociedades pretendían instalar na comarca e que levarían a unha total degradación dun paraíso natural situado na rede Natura 2000. Á riqueza pesqueira súmanse ademais os proxectos turísticos que atraeron visitantes e fomentado o nacemento de asociacións culturais e deportivas creadas ao amparo das propias reservas mariñas.

Os problemas de financiamento non fan senón retardar o proceso cando, en 2014, a entrada en vigor do novo regulamento do FEMP debe proporcionar axudas xa previstas para a xestión, recuperación e seguimento de zonas mariñas protexidas. Así se prevé no capítulo Desenvolvo sostible da pesca desta normativa.

A confraría de pescadores de Cedeira espera que "os difíciles anos" que quedan por diante non signifiquen un retroceso que poña en perigo a supervivencia da contribución de Galicia ao Convenio de Biodiversidade de Nacións Unidas que esixía que o menos un 10% da superficie mariña en 2012 estivese protexida "e en Europa levamos menos do 0'5%", aseguran.

Linj; ODONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Reserva Mariña de Interese Pesqueiro Ría de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.33 Segundos