AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 36 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Aymerich: o BNG necesita "un novo equipo" na executiva

PHP-NukeO portavoz do grupo parlamentario do BNG e membro da Executiva Nacional en funcións, Carlos Aymerich, demanda que a nova etapa que abrirá a formación nacionalista, tras a asemblea de maio, a dirixa "un novo equipo" e recoñeceu que non comparte que o que foi líder do Bloque, Xosé Manuel Beiras, retome as rendas da organización. "O que ten que haber é un novo equipo de dirección e quen o integre teremos que decidilo entre todos. Seguramente entre todos acertaremos", expuxo Aymerich nunha entrevista concedida a Europa Press. "Non comparto certas opinións", matizou -no entanto- preguntado polo feito de que Beiras se postule para liderar o nacionalismo ata a asemblea de 2010.

Coa intención de continuar como portavoz parlamentario tras o conclave extraordinario, Aymerich asegurou que o seu "nomeamento está a expensas do que suceda", porque nel se escollerá unha nova dirección". "Eu continuarei..., a intención en principio é de continuar, pero a dirección que saia da asemblea algo terá que dicir", recalcou. Será Aymerich quen interveña nos grandes debates da lexislatura, segundo ratificou el mesmo, ao eliminarse a figura de presidente do grupo parlamentario -que ocupou Anxo Quintana durante o pasado mandato-. A pesar desta situación, o portavoz matizou que o máximo representante do Bloque na Cámara non está chamado de forma "obrigada a ser a mesma persoa" que o portavoz nacional do BNG. "O que si é obrigado é que exista unha coordinación moi estreita entre esas persoas", apostilou. De escollerse un portavoz nacional na asemblea que non fose deputado en VIII Lexislatura, Aymerich considerou que "sería lóxico que o (máximo responsable) parlamentario participase nas liñas políticas" que deseña a Executiva e Consello Nacional. Así, preguntado sobre se lle suporía un problema ter que porse de acordo con Beiras de ser este o portavoz que elixa a militancia para dirixir o Bloque, Aymerich negouno. "Problemas non hai ningún, hai unha dirección política que está no Consello Nacional e na Executiva, e séguense as directrices que se determinen". Na maior parte das preguntas acerca da asemblea de maio, Aymerich acolleuse á fórmula "o que a militancia escolla" para evitar situarse sobre o grao de renovación ou as persoas que deberían asumir as responsabilidades para dirixir o futuro do Bloque. Así mesmo, acerca de se estima que os cambios na dirección política do BNG poden propiciar a renuncia dalgún dos integrantes do grupo parlamentario, Aymerich garantiu que "non entra dentro da forma de traballar do BNG esixir a ninguén que renuncie a nada". "O grupo parlamentario é o que temos. Nada máis. É un grupo pensado para traballar", exclamou para rexeitar que se deseñou pensando en que o Bloque continuaría na Xunta. En canto á elección de Anxo Quintana como membro da Mesa do Parlamento (ocupará a Vicesecretaría), Aymerich defendeu que se tratou dun "acordo da Executiva", pero non quixo confirmar se todos os membros da dirección apoiaron a decisión adoptada. A este respecto, e sobre se teme que a imaxe que levará a militancia do Bloque é a de que Quintana quixo preservar certo status, o portavoz nacionalista na Cámara mostrouse molesto co feito de que "parece que só el (Quintana) disporá dun coche oficial". "Eliximos a Quintana porque ten experiencia de Goberno e porque pensamos que o pode facer e ben e vai ter un traballo importante no Parlamento para representar os intereses do BNG na Mesa e garantir que funcione respondendo a uns mínimos democráticos e de pluralismo", aseverou. "O status non foi instituído para el", remachou. Labor de oposición
No Parlamento galego, os nacionalistas estarán cos que foron os seus socios de goberno no pasado mandato e con eles, Aymerich considerou que terán que "falar moito para que as responsabilidades compartidas, cada un desde o seu proxecto, se manteñan e se agranden nas municipais de 2011". Preguntado por se teme que na Cámara galega os socialistas busquen visualizar un bipartidismo e intenten erixirse na alternativa en solitario fronte ao PPdeG, o portavoz do grupo apuntou que PSdeG "é libre de facelo, pero non respondería á realidade" de Galicia. "Eu son nacionalista galego e son do BNG e quero que esta sexa a forza hexemónica de Galicia, pero sei que a curto prazo, de aquí a catro anos, a alternativa é cousa de dous. Quen pense que pode construír unha alternativa ao PP en solitario, tomaría unha decisión que non parte dunha análise axustada", resolveu. "As políticas do PPdeG van ser lesivas e os anuncios xa están sendo percibidos negativamente por un espectro social moi amplo", xustificou Aymerich en relación á manifestación ante o Pazo do Hórreo a favor da lingua que se celebrou o día da constitución da Cámara e na que estiveron representantes nacionalistas, como Francisco Rodríguez -membro da dirección en funcións-. "O que lle toca ao BNG non é só acompañar esas mobilizacións, senón tamén traer ao Parlamento esas reivindicacións", agregou. Aínda que concedeu o beneficio da dúbida ao PP ao afirmar que os nacionalistas "verán o que propón" este partido, engadiu que "confianza non teñen moita, porque os coñecen, e saben o que fixeron na pasada lexislatura desde a oposición e cando gobernaron con maioría absoluta", así como porque "teñen na memoria as mentiras en campaña". "Agora a campaña pasou, pero o que non cambiou é o Partido Popular", rematou. "O PP é o que é, e se cambia, benvido sexa! Pero se vai actuar como sempre e as súas propostas van ser as de sempre, o BNG fará o que lle toca, que é ser oposición e unha oposición moi dura", avisou. Acerca das chamadas ao consenso realizadas polo PPdeG na xornada de constitución do Parlamento, Aymerich dubidou de se a posición actual, na que os 'populares' volverán ser os que sustenten o Goberno, Aymerich dubidou de se iso favorecerá o regreso aos acordos en materia de lingua. "Non sei se agora se poderá volver ao consenso. Nós sabemos onde está ese consenso, que é no Plan de Normalización Lingüística e no Decreto que regula o seu uso no ensino". "No que temos que pornos de acordo é en se queremos impulsar o uso da lingua, que é o patrimonio de todos. Pero os patrimonios hai que coidalos e querelos, e non hai que deixar que se estraguen", advertiu. Doutra banda, o portavoz nacionalista na Cámara explicou que os eixos fundamentais do traballo na oposición serán a "defensa do país e sectores máis afectados pola crise" por "ter enfronte un partido que non destaca precisamente pola súa sensibilidade social", en referencia ao PP. Do mesmo xeito, a defensa da "conquista enerxética" e a dos "pequenos avances dados en materia lingüística" constituirán outro dos aspectos que centrarán o seu labor parlamentario.
Link: XORONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Aymerich: o BNG necesita "un novo equipo" na executiva" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos