|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 53 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - Parques e xardíns |
O Concello de Cedeira decidiu darlle un toque de cor ao paseo que a
Demarcación de Costas en Galicia construíu ao longo do río Condomiñas.
Así, a área de Parques e Xardíns tomou o acordo de aproveitar podas
realizadas en zonas verdes do concello para plantar catrocentos
exemplares de hortensias, coa intención de que as persoas que frecuentan
o paseo teñan un novo aliciente para facelo. Por conseguinte, a
iniciativa tivo custo cero para as arcas municipais, un aspecto que se
destaca desde a administración cedeirense.
Por outra banda, tamén se menciona a cuestión da estética, por
considerar que coa plantación realizada mellórase a contorna, e sitúase a
intervención realizada na zona do río Condomiñas dentro das habituais
que levan a cabo os operarios adscritos ao servizo de parques e xardíns.
Neste sentido, tamén se citan os traballos realizados nos últimos días
na rotonda da praza de Galicia e que deron lugar á plantación de flor de
tempada nunha zona que representa o epicentro da vila cedeirense.
Un total de 350 exemplares de distintas especies crecen nunha glorieta
que resulta case paso obrigado de veciños e visitantes. Esta tarefa de
actualización dos espazos públicos traduciuse, así mesmo, na plantación
de diferentes tipos de exemplares nos maceteros que, distribuídos
estratexicamente en rúas e lugares urbanos, tamén contribúen a adornar a
vila no seu conxunto.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - Parques e xardíns" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|