|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 57 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Concello de Cedeira - POS |
O Concello de Cedeira anunciou o inicio dos traballos de pavimentación e
limpeza de cunetas en cinco camiños públicos, concretamente, nos
lugares da Xunqueira, Piñeiro, Moreira, Pereira e Rabadam.
No seu conxunto, as actuacións desenvolveranse en máis de dous
quilómetros e, segundo as estimacións das persoas que están á fronte do
departamento de Obras, os traballos prolongaranse por espazo de dúas
semanas, se as condicións meteorolóxicas son favorables. O proxecto está
valorado en 60.000 euros, cantidade que se financiará con cargo ao Plan
de obras e Servizos da Deputación da Coruña. O Concello sinala que nos
camiños da Xunqueira e Piñeiro procederase ao reforzo do firme por
medio dunha capa de macadam de quince centímetros de espesor e a
aplicación en toda a superficie de tres regas asfálticos, semiprofundo,
superficial e de selado, ademais da limpeza de cunetas.
No caso do camiño de Moreira, reforzarase o firme, acondicionarase a
cuneta e executaranse dúas cruces da rede de saneamento cos seus
correspondentes pozos. En canto á actuación prevista para o viario de
Pereira a actuación limitarase á aplicación de rega asfáltico, mentres
que no de Rabadam a intervención implica a aplicación dunha capa de
zahorra e outra de macadam, completando a intervención coa
correspondente rega asfáltico. Desde o Concello sublíñase a necesidade
das actuacións polo estado que a día de hoxe presentan os camiños.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Concello de Cedeira - POS" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|