AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Luís Suárez, mellor deportista do 2011

PHP-NukeO alcalde cedeirense, Leopoldo Rubido, entregou onte a Luís Suárez Vilela o galardón que lle acredita como o mellor deportista cedeirense do 2011. Un recoñecemento que puña o broche de ouro á celebración da XI Festa do Deporte, unha cita que a vila recuperaba este ano tras catro sen celebrarse. Os veciños e veciñas de Cedeira abarrotaron o auditorio municipal para recoñecer os méritos e triunfos dos seus mellores atletas nun total de sete categorías.


© 2012 - La Voz de Galicia


Pipo Arribe, membro do grupo «Corre Carmela que Chove» foi o encargado de conducir a velada, á que acudiron deportistas de elite como os deportivistas Juan Carlos Valerón e Juan Domínguez, Javier Castillejo, campión do mundo de boxeo, e Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo, entre outros.

A entrega de premios

A Festa do Deporte arrincaba coa actuación do grupo de ximnasia rítmica Acordes, de Narón, e continuaba cunha cata musical a cargo de compoñentes do club Kárate Cedeira. Foi o preludio da entrega de premios. Así, Xan Rodríguez Caridade e Clara Belas Novo eran recoñecidos como os mellores deportistas de taekowondo; Javier Arribí López era premiado na categoría de fútbol sala; Cristina Lois Prados, na de bádminton; Paula Nebril Nebril e Luís Suárez Vilela na de natación; Juan Martínez Rei (xogador do Racing) na de fútbol; o equipo sénior de remo (José María Hermida Leonardo, Daniel Santalla Busto, Francisco Romeu Loureiro e José María Fernández Rodríguez), en remo, e David Lafuente, en deportes adaptados.

De entre todos eles, Luís Suárez Vilela, que durante o 2011 logrou oito medallas de ouro no campionato galego absoluto de natación e dous de bronce no estatal en 4x100 estilos e 4x50 estilos respectivamente, era elixido o mellor deportista cedeirense.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Luís Suárez, mellor deportista do 2011" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos