- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 66 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Porto Deportivo

PHP-NukeTras declararse deserto o concurso público convocado a principios de 2011 para a construción do porto deportivo de Cedeira, Portos de Galicia iniciou un período de consultas a diferentes empresas do sector de face a coñecer as súas necesidades e intereses neste proxecto, características que, na medida do posible, intentarán incorporar ao prego de condicións da intervención.



Este procedemento está encamiñado a garantir a concorrencia de iniciativas ao futuro concurso público que o ente galego convocaría, en caso de existir interese por parte das empresas. "Agora mesmo Portos de Galicia só sacará adiante aqueles proxectos que estean avalados pola iniciativa empresarial", indican desde o organismo autonómico. Unha filosofía coa que pretenden evitar situacións como a do porto deportivo de Muxía, construído durante a pasada lexislatura e "en cuxa xestión agora non está interesada ningunha empresa", indican.
Estas instalacións náuticas de recreo son unha demanda histórica da vila de Cedeira. No ano 2005 deuse a coñecer o proxecto para construír na zona unha nova dársena deportiva, unha proposta que se atopou coa oposición frontal da Confraría da localidade ante as condicións expostas, por entender que as pretensións da UTE que resultou adxudicataria dos traballos eran excesivas.
Así, o proxecto inicial contemplaba dotar á infraestrutura de 411 puntos de amarre, demasiados para unha ría de apenas un quilómetro de ancho. As alegacións presentadas polo depósito local, o goberno municipal, entidades ecoloxistas e usuarios das instalacións náuticas obrigaron a redactar de novo o proxecto reducindo o número de puntos de amarre ata os 270. Entre tanto, a UTE que debía acometer os traballos decidiu renunciar ao proxecto ao non estar conforme co mesmo.
Foi entón, a comezos de 2011, cando Portos sacou a iniciativa a un concurso que quedou deserto. De aí a sondaxe actual para coñecer as necesidades dos posibles "pretendentes" do proxecto de face a incluílas na redacción do novo prego.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Porto Deportivo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.30 Segundos