|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| SAMAIN 2011 - Concello de Cedeira |
Cedeira celebra esta fin de semana a Festa do Samaín, unha tradición da
Galicia rural que recuperaron hai máis de vinte anos e que na
actualidade se celebra en moitos concellos de todo o país.
A de 2011
será a XXII edición dunha iniciativa que se reivindica como propia,
libre de comparacións co cada vez máis omnipresente Halloween, exportado
desde os Estados Unidos. “Avós e pais fixeron memoria; remexendo nunha
infancia non tan afastada, lembrando cando se xuntaban uns cantos amigos
e amigas para ir coller os melóns e as cabazas ás hortas.
Logo baleirábanas e íanas modelando ó xeito de caveiras de defuntos. Á
noitiña, colocaban dentro a candea e prendíanlle lume”, explican desde a
Asociación de Amigos do Samaín. “Logo había que buscar un lugar para
deixala; tiña que ser un curruncho dunha ruela onde puidese sorprender e
asustar ás persoas que lles cadrase pasar por alí”.
O Samaín actual
non mete tanto medo porque a luz eléctrica desfixo moitos terrores.
Aínda así, en Cedeira non renuncian a algún que outro susto, sobre todo
cunha terrorífica Casa das Ánimas e co Pasarrúas de Pantasmas que se
celebra o sábado, a partir das 20.30 horas, coas luces da vila apagadas.
As
actividades comezarán xa o venres, cun fiadeiro de castañas e un
obradoiro de caveiras no Paseo do Pinzón, a partir das seis da tarde.
Alí haberá zonchos (castañas cocidas coa súa pel) preparados para facer
colares. Ás oito, o grupo Ringo Rango ofrecerá un espectáculo de circo,
música e humor e ás dez da noite, no río, inaugurarase o Samaín 2011,
coa Queima da Cabaza.
O groso do programa deseñado pola Asociación de
Amigos do Samaín concentrarase na tarde do sábado 29. Ás cinco
comezará, no Paseo do Pinzón, un concurso de cabazas, con premios para
as máis chamativas polo seu tamaño, presentación e orixinalidade. Tamén a
esa hora abrirase o prazo de inscrición para a yincana, que os máis
ousados poderán rematar cunha visita de medo á Casa das Ánimas.
Fusa
Guillén encargarase do obradoiro de maquillaxe, para levar a cara acorde
ó momento, e tamén haberá unha merenda a base de bola de azucre e
requeixo. Os contacontos de Ni Fú ni Fá e a festa que transmitirán ós
transeúntes os de Ánima Rúa cederán o protagonismo ó Pasarrúas das
Pantasmas, que percorrerá a vila. Ó remate entregaranse os premios do
concurso de cabazas.
Aínda o martes 1 de novembro haberá
actividades, coa representación, no auditorio municipal, ás oito da
tarde, de “Mackie, o Navallas”, a cargo da compañía Bartoleta Teatro.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"SAMAIN 2011 - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|