NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 47 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 INFORMACIÓN Á CIDADANÍA . A. Socialista de Cedeira

PHP-NukeDESPILFARRO, MENTIRAS E CAPRICHOS

O Goberno que tiven o honor de presidir deixou preparado o finanzamento para acometer a substitución da caldeira da calefacción do Palacete Municipal. Trátase dun modelo moi antiguo que funciona a base de resistencias eléctricas que consumen moitísima enerxía, cos conseguintes gastos insostibles para os veciños de Cedeira.

O Goberno do PP prefireu, nembargantes, adicar ese orzamento para amañar goteiras do tellado que está sobre o faiado. Desde a Comisión Executiva da Agrupación Local de Cedeira do PSdeG-PSOE non creíamos que a decisión do Goberno de Rubido merecese unha crítica frontal. Tratábase de diferentes criterios.

Non saímos á palestra porque certamente é opinable. O que non estamos dispostos a admitir é o que expresou recentemente o PP nos medios de comunicación, que a calefacción está ben e que vai pintar para devolverlle ao Palacete o aspecto orixinal. O primeiro é mentira e o segundo é unha coartada que intenta disfrazar o interés real de Rubido, eliminar os vestixios do labor rehabilitador do Goberno presidido polos socialistas neste e noutros edificios públicos de Cedeira, como fixo repintando os bancos e farolas da Praza Roxa.

§  Ainda que fose certo, que non o é, que pretenden recuperarr a cor orixinal, sería un auténtico despilfarro. Ao expoñer  esta disculpa, recoñecen, que non se trata de reparar as paredes porque, como todo o mundo ve, ata o momento non están en mal estado. Esta é a forma que o PP ten de aforrar. Esta é a maneira que ten Rubido de afrontar as dificultades que a crise económica está a poñerlle a Cedeira.

§  O estado primitivo do Palacete incluiría incorporar as esferas de pedra de Moeche que había nas columnas dos muros de fóra, que Leopoldo Rubido levou para a Casa da Laranxeira, actual Casa Consistorial.

§  O respecto ao estado orixinal obligaría aos actuais mandatarios a repoñer o lucernario que arrancaron do Palacete para, de novo, colocalo no teito do segundo piso do actual Concello. Os problemas do tellado do Palacete nacen desta desfeita que Rubido esperaba que ninguén recordase.

§  O estado orixinal debería tamén de devolver a súa escalinata de madeira, sen dúbida de altísima cualidade, da que ninguén soubo o seu destiño final.

Cando nós chegamos á Alcaldía de Cedeira, o Palacete estaba absolutamente abandonado. Houbo que retirar escombros e basura do sótano. Pintamos o exterior para parar o deterioro no que se atopaba desde facía moito tempo. Houbo que acuchillar o baixo e o primeiro piso, así como pintar paredes e portas. Hixienizamos os baños e melloramos a instalación eléctrica.
Finalmente puidemos utilizalo para realizar exposicións como antiguamente, colocar a aula de informática con acceso a Internet, realizar cursos de pasword ou instalar a oficina de turismo, co cal aforramos 600€ mensuais que pagabamos polo alquiler dun local privado. Algunhas vodas civís poideron celebrarse alí con toda dignidade para os contraíntes, en definitiva recuperámolo para o seu uso público.

Non nos enganemos, o estado orixinal das cousas non lle importan nada a Rubido nin ao seu grupo. Destrueu a “Casa do Laranxo” para levantar un edificio de cartón pedra. Inventouse todo tipo de construccións no “Castelo da Concepción”, inadmisibles para os expertos en rehabilitacións aos que substitueu por ignorantes  cómplices das súas maneiras de facer. Aspira a tirar todo o interior da “Casa das do Cura” en lugar de rehabiltar. E, despois de toda a desfeita contra o Palacete fala de “devolverlle a cor orixinal”. Pintará de blanco coa finalidade de tentar borrar o labor de recuperación levado a cabo polo Goberno que tivemos o honor de presidir.



Link: A. Socialista de Cedeira



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 4
votos: 4


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"INFORMACIÓN Á CIDADANÍA . A. Socialista de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos