|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 21 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| EU Cedeira - Polígono industrial A Trave |
A
agrupación de EU Cedeira solicita solvencia e premura para a resolución
dos expedientes de licitacion e permisos de obras no recentemente
inaugurado polígono industrial de A Trave.
A
tardanza na resolución dos expedientes de licitación de obra por parte
da Arquitecto/a responsable da oficina tecnica municipal, esta a crear
unha situación de incertidume e condea o ostracismo dos proxectos
empresariais instalados no poligono de A Trave.
A
agrupación de Esquerda Unida considera que esta situación de inacción e
retraso dos permisos esta a incidir moi negativamente no futuro dos
proxectos instalados no polígono, e está a por en perigo o emprego e
riqueza que estes proxectos poidan xerar.
Por parte desta formación hai constancia do desánimo reinante nos emprendedores, xa que se corre o risco de deslocalización e "fuxida" das empresas para outras localidades con menos restriccións administrativas, resultando tamén un freo para a instalacion de novos proxectos, non sendo esta a mellor das opcións nos tempos de crise que nos están a tocar.
Dende a agrupacion local de Esquerda unida se insta o goberno municipal a tomar as medidas necesarias para paliar e remediar a controvertida e delicada situación, xa que se está a por en perigo a formalización de emprego, creación de riqueza e texido industrial. Link: EU Cedeira
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"EU Cedeira - Polígono industrial A Trave" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|