- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 71 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Os efectos do Klaus seguen rexistrándose dous meses despois do seu paso

PHP-NukeAs consecuencias do temporal que azoutou a comarca o pasado 23 de xaneiro perviven aínda cando xa transcorreron máis de dous meses desde que ?Klaus? tocou a costa galega. Así, á multitude de árbores que aínda permanecen derrubados nos montes da comarca, sobre todo nos lugares máis castigados como Agarimo, Cedeira e Ortigueira, ademais doutros municipios da zona de Trasancos, hai que sumar outros efectos que se fixeron sentir, sobre todo, nos petos de todos os cidadáns, que se viron na necesidade de acometer reparacións varias tras os danos ocasionados polo furacán.

A localidade de Cedeira, sobre todo a zona rural, resultou unha das máis castigadas da comarca, xa que nas súas costas rexistráronse refachos que superaron os 180 quilómetros por hora. Ademais dos graves danos ocasionados na superficie forestal, moitos veciños da vila quedaron sen subministración eléctrica durante varios días, ou semanas, nalgún caso.

Precisamente unha destas persoas, María Jesús García Fraguela, veciña da parroquia de San Román, denunciou en reiteradas ocasións que o paso do temporal danou o contador da súa vivenda, pois non se explica de ningún outro modo que as lecturas do aparello pasasen dos 200 quilowatts, que viña pagando habitualmente, aos 4.118 aos que debe facer fronte agora nunha das facturas remitidas pola compañía Fenosa, que ascende a 657,27 euros, unha cantidade á que esta veciña afirma non poder facerse cargo. "Eu non dispoño desta cantidade agora, e o peor é que a próxima factura virá na mesma liña que esta, pois o contador desde ese día vai moito máis rápido do que o facía antes", asegura.

Antes de denunciar os feitos á compañía, María Jesús contratou os servizos de varios técnicos para que supervisasen se algún electrodoméstico en mal estado puidese ocasionar este incremento na factura da subministración eléctrica, xa que a diferenza doutras casas o gasto en corrente deste domicilio da zona rural é moi baixo, xa que só a cociña é eléctrica e o sistema de calefacción cínguese a unha cociña de leña.

Desde a compañía, en cambio, garantíronlle que xa se pasaron a revisar o contador, mentres que a afectada denuncia que iso nunca ocorreu.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Os efectos do Klaus seguen rexistrándose dous meses despois do seu paso" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.32 Segundos