- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 44 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Tempada turística en positivo

PHP-NukeO Concello de Cedeira foi pioneiro na creación permanente dun servizo municipal para a atención dos visitantes. Aquela iniciativa do ano 1992 segue dando froitos, se por iso entendemos os bos resultados conseguidos na campaña turística que está a piques de botar o peche. A pesar dun verán non moi convencional, da crise e doutros posibles factores, a vila de Cedeira segue rexistrando unha afluencia de visitantes que para si quixesen ter outras poboacións.



Así, segundo os datos que a día de hoxe barallan os responsables municipais de Cedeira unhas 120 persoas de media ao día son as que pasaron ao longo dos dous últimos meses pola oficina de información turística situada no centro urbano da vila. Por conseguinte, foron máis de 7.500 os visitantes que recorreron a un servizo gratuíto para ter acceso a informacións varias. As actividades, as posibles visitas e os lugares de interese son as demandas máis comúns duns viaxeiros que se achegan á vila desde moi distintos puntos da xeografía española e tamén desde o estranxeiro.
Neste último caso, hai que sinalar a presenza bastante numerosa este verán de ingleses, franceses, alemáns e italianos, mentres que, no apartado de visitantes nacionais, cabe reiterar que os madrileños, un ano máis, convértense nos veraneantes máis fieis de Cedeira, en cuxo municipio algúns deles xa fixaron a súa segunda residencia. No entanto, desde o servizo de atención ao visitante tamén se destaca a presenza este ano dun elevado número de turistas procedentes de Toledo, Segovia e Salamanca, así como a presenza cada vez máis numerosa de cataláns e andaluces.
O servizo que, no verán abre todos os días da semana, tamén é utilizado para dar a coñecer outros lugares emblemáticos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal. A serra da Capelada, a zona do Cabo Ortegal, o santuario de San Andrés de Teixido, as praias de Ferrol e a propia cidade naval son algúns dos destinos.
A eles, ademais, hai que sumar este ano a visita guiada ao castelo da Concepción, unha opción que aínda se mantén e que fixo posible que unhas 900 persoas coñecérono nos dous últimos meses. A visita é gratuíta "en horario de once da mañá a dúas da tarde" e pon ao viaxeiro en contacto cunha riqueza patrimonial que fala de invasións piratas e da necesidade dun pobo de construír unha fortaleza para evitar saqueos e abusos por parte doutros pobos.
O castelo está en pé desde o século XVIII, segundo consta en acreditada documentación.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Concello de Cedeira - Tempada turística en positivo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos