Obra de Xosé Antonio Suárez Aneiros cantada o pasado sábado no Auditorio Municipal de Cedeira
Oda a Cedeira.
Na Magdalena varou
unha fermosa serea
e axiña se namorou
contemplando a branca area.
Das augas do Condomiñas
quedou prendada a serea,
desta feliz amizade
naceu fermosa Cedeira.
Retrouso
Cedeira, branca gaivota;
Cedeira, moza sen par;
Cedeira dos meus amores;
Cedeira, estrela do mar.
Un luceiro hai no ceo,
un luceiro sen igual
que aluma ó mundo enteiro:
Nosa Señora do Mar.
oooo
Castrexa Cedeira foi,
romana e sueva, tamén;
meu divino san Andrés,
estás ás portas do alén.
Castelo da Concepción,
baluarte da nosa ría,
Sarridal e As Sonreiras
do edén alegoría.
© 2011 - Xosé Antonio Suárez Aneiros.
Link: JD