NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 63 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Porto deportivo - Concello de Cedeira

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, Leopoldo Rubido, o patrón maior da Confraría de Pescadores, Agustín Pérez Pernas, e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, reuníronse onte en Cedeira para debater sobre o futuro do porto. O máis destacado foi o anuncio de que volverán sacar a licitación a explotación do peirao deportivo dentro de «uns dous meses». O encontro foi moi satisfactorio para as tres partes, que destacaron a importancia de estar por primeira vez de acordo neste tema. «É un paso importantísimo que esteamos por primeira vez todos traballando polo futuro do porto de Cedeira», sinalou Pérez Pernas.

Aínda que non quixo dar unha data concreta, Álvarez-Camana aventurouse a prognosticar sobre o porto deportivo que, unha vez definidas as modificacións que se lle realizaron ao prego, «sacaremos a explotación a concurso público calculo que nun ou dous meses».


© 2011 - La Voz de Galicia


Xa se abriu o concurso anteriormente, pero quedou deserto. Por iso, agora preténdese facer a explotación máis atractiva retocando a superficie de terra e ampliando a zona de auga. «Facendo estas melloras e explicándoas ben, creo que haberá proposta», vaticinou Álvarez-Campana. A empresa gañadora obterá a explotación da zona recreativa por 30 anos.

O peirao náutico enmárcase dentro dun proxecto de reordenación e mellora do recinto marítimo pesqueiro. Como quixeron remarcar as tres partes, o máis importante deste será as obras do dique de abrigo que se ampliará preto de 220 metros de lonxitude. Como prolongación do existente, servirá de abrigo á zona pesqueira, á deportiva e á praia de Area Longa. «O abrigo é o cimento sobre o que sustentamos todo o futuro porto», destacaba o presidente de Portos, «xa que o converterá nun dos mellores e máis seguros».

Respecto ao posible impacto ambiental na zona, Álvarez-Campana negou calquera posible prexuízo. «É unha solución que se pensou para que a praia non só non teña afección negativa», explicou, «senón que se conserve mellor grazas ao abrigo do novo espigón».

Unha vez construído o abrigo, Pérez Pernas anunciou a colocación de pantaláns para barcos da terceira lista e unha gasolineira. Antes, a curto prazo, farase a nova lonxa e unha nave para almacén. «Poderían comezarse ata antes de que acabe o ano», comenta Pernas.

O alcalde, Leopoldo Rubido, detallou o resto de melloras que levarán a cabo. Para empezar, estableceuse un convenio entre Portos e o Concello para mellorar os xardíns e as zonas do paseo marítimo. Ademais, aínda que pendente duns estudos técnicos, pénsase devolver a escultura da Peixeira ao seu sitio xenuíno, no pericoto. Álvarez-Campana está orgulloso do proxecto. «É un avance importante en Cedeira, porque atendemos á pesca, ao sector turístico e deportivo, e ao contacto poboo-porto a través do paseo marítimo», destacou.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Porto deportivo - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos