|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 62 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Portos de Galicia - OS ROSTROS DO MAR |
Agustín Pérez, Patrón Maior de Cedeira
Agustín Pérez, Patrón Maior de Cedeira: "A burocracia está a poñer cada vez máis difícil o traballo no mar"
Leva o mar no ADN e a ría de Cedeira na
retina desde a primeira vez que abriu os ollos. Aos seus 46 anos,
Agustín Pérez é o Patrón Maior da confraría cedeirense e un deses
rostros do mar que coñece a realidade do sector como a da súa propia
familia e traballa cada día por facer que se escoite a voz dos seus
protagonistas.
"Meu bisavó ía pesca á traiña ao remo.
Meu avó, ao cerco, e meu pai, primeiro ao percebe e despois á merluza".
Agustín pertence á cuarta xeración de mariñeiros na súa familia. Comezou
"á merluza", estivo enrolado dende 1985 e hoxe, ao seu pesar, traballa
dende terra por motivos de saúde. En tres décadas de profesión, coñeceu a
cara máis dura do mar: "o peor foron as veces que tiven que recoller
xente del. Acórdomo moito dun rapaz de 17 anos que morreu cando ía aos
percebes". Sen embargo, admite que ten "unha boa relación co mar. Hai
que coñecelo e respectalo e se fas así é previsible, de feito, a maioría
de accidentes non lles pasan aos percebeiros profesionais, por
exemplo".
Entre as vantaxes da súa profesión cita a
aventura diaria, "nunca sabes o que te vas atopar, non é como a xente
que ten que estar nunha oficina a cubrir papeis", e no extremo oposto,
renega da "burocracia que cada vez está a poñer máis difícil o traballo
no mar". Neste sentido é rotundo, considera inxustificadas as cotas
impostas dende Europa e erróneas as medidas que se toman "sen coñecer a
nosa realidade propia. A merluza e a xarda entran no aparello coma
churros".
Da súa traxectoria profesional, que se
confunde coa vital, mantén unha "espiña clavada no peito", a división da
costa dos percebes, que estableceu fronteiras para unha actividade que
se desenvolvía de forma conxunta ao longo de toda a ría, limitando as
posibilidades de traballo e, por tanto, económicas, dos mariñeiros
cedeirenses
"Tocaron a lume as campanas da vila todo o día e veu todo o
mundo ao peirao. A xente estaba embravecida e botábase contra unha pila
de policías que estaban aquí. Era moito o que perdíamos e seguen a ser
moitos os días que perdemos de ir ao mar por culpa deso", lembra.
Mirando ao futuro, traballa cada día por
ver cumplida a ilusión histórica dun porto deportivo compatible coas
instalacións pesqueiras e co entorno natural, un proxecto no que Portos
de Galicia está a avanzar, en paralelo á mellora do abrigo na zona.
"Desta vez recuperamos a ilusión e sabemos que imos ter o que pediamos",
afirma. E reseña outro obxectivo irrenunciable polo que ten de emotivo:
temos que devolver a estatua da Peixeira ao Pericoto, ao seu sitio",
dende onde a escultura rendía homenaxe ao traballo discreto e incansable
"das Crisantas", as mulleres dos mariñeiros.
Link: Portos de Galicia Artigo orixinal: preme aquí
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Portos de Galicia - OS ROSTROS DO MAR" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|