NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 79 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Receita para o novo escenario político

PHP-NukeTransmitir cara a cidadanía "visión de alternativa" é en opinión de quen foi voceiro parlamentario do BNG durante a última lexislatura, Carlos Aymerich, unha prioridade da que deberan ser conscientes nacionalistas e socialistas de agora en diante. Na opinión do deputado electo do BNG pola Coruña, os excesos competidores entre as dúas forzas foron un "desacerto fundamental" da etapa de goberno que agora se pecha. Nesa liña, e durante unha entrevista para a Radio Galega, Aymerich destacou a necesidade de que socialistas e nacionalistas afinen esa colaboración nas institucións onde gobernan en coalición.

Por outra parte, Aymerich agoirou que, á luz das recentes declaracións, o PP ameaza actuar no Goberno como unha "brigada de demolición" de políticas públicas, e censurou as afirmacións realizadas polos populares ao respecto do sistema de servizos sociais, concurso eólico ou decreto do galego no ensino. Foi así como acusou o PPdeG de "facer da negación de Galiza como realidade diferencial ou da mentira lingüística unha das súas bandeiras" e prognosticou unha lexislatura "dura".

Ao fío, amosou non estar satisfeito pola elección do PP para a presidencia do Parlamento, e analizou que os "antecedentes" da deputada proposta para o posto, a pontevedresa Pilar Rojo, "non son tranquilizadores". Recordou o deputado nacionalista que na anterior etapa do PP con maioría absoluta, impuxéronse "métodos contrarios ao regulamento da Cámara e aos dereitos fundamentais dos deputados". Nesa liña, avanzou que hai moito por corrixir no funcionamento da institución.

Optimismo sobre o futuro do BNG
"Serán os órganos de dirección do BNG os que decidan o papel de cada un", explicou doutra banda Carlos Aymerich, sen confirmar se repetirá como voceiro do grupo do BNG no Parlamento ou mesmo se poderá ser designado novo voceiro nacional da formación política. Na súa opinión é momento de falar "do colectivo, máis que de persoas concretas". Nesa liña, apelou ao "espírito" da recente xuntanza na que a executiva do Bloque anunciaba a súa dimisión e dixo esperar que o "afán de colaboración" amosado nesa xornada guíe un proceso que leve a unha asemblea cunha "candidatura unitaria" o próximo 10 de marzo. "Sería bo dicirlle á militancia que esa é a nosa vontade: camiñar como unha formación unitaria, aínda que moi plural por dentro", afirmou, confiando en que o resultado desa cita sirva para que "todos poidan sentirse cómodos".

Link: VIONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Receita para o novo escenario político" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos