AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - DOGA

PHP-NukeRESOLUCIÓN do 25 de abril de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de autorización administrativa e a súa addenda I da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Cedeira (A Coruña), promovido pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (Expediente IN627A 2008/9-0).




Con respecto á autorización para a distribución de gas natural canalizado no termo municipal de Cedeira (A Coruña), e ante as solicitudes presentadas en concorrencia por dúas empresas (Gas Galicia SDG, S.A. e Endesa Gas Distribución, S.A.U.), a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas resolveu, con data do 15 de novembro de 2010, o trámite de competencia a favor de Gas Galicia SDG, S.A., o que implica continuar coa tramitación do procedemento de autorización administrativa unicamente con esta empresa.

Polo tanto, e para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, e no artigo 1 do Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa e a súa addenda I:

Peticionario: Gas Galicia SDG, S.A., con CIF A15383284 e con enderezo para os efectos de notificación na rúa Lisboa, s/n, Edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707 - Santiago de Compostela (A Coruña).

Obxecto da petición: autorización administrativa da rede de distribución de gas natural no termo municipal de Cedeira (A Coruña), de conformidade co proxecto e coa súa addenda I presentados para o efecto.

Descrición das instalacións:

A subministración de gas natural proxéctase a través dunha planta de GNL (gas natural licuado) situada no Parque Empresarial Trabe, desde a que partirá a rede de distribución cara ao núcleo urbano de Cedeira e aos parques empresariais de Trabe e da Xunqueira.

A rede de distribución está formada por unha rede básica de distribución, con rango de presión 2

Esta rede deséñase en polietileno de alta densidade PE 100 SDR 17,6 de diámetro variable de DN200 a DN63, segundo necesidades. A lonxitude prevista para a rede é de 16.069,21 m, dos cales 5.422,73 m corresponden á rede básica e 10.646,48 á rede secundaria.

Termo municipal: a solicitude de autorización administrativa afecta o termo municipal de Cedeira, na provincia da Coruña.

Orzamento: oitocentos noventa e sete mil setecentos setenta e oito euros con oitenta e tres céntimos (897.778,83 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio, podendo examinar o proxecto de autorización administrativa e a súa addenda I na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, edificio administrativo San Caetano, 15781 Santiago de Compostela, así como no Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Economía e Industria, edificio administrativo Monelos, Praza Luís Seoane, 1.º e 2.º andar, 15008 A Coruña.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

Link: DOGAONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - DOGA" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos