"
Sr. D. Leopoldo
Rubido Ramonde:
Desexo trasladarlle os nosos parabens polos resultados obtidos nas
eleccións municipais do 22 de maio. Aínda que o trámite democrático da toma de posesión da nova
corporación levarase a cabo o próximo 11 de xuño, póñome á
súa disposición para cantas cuestións estime convenientes, en aras dunha adecuada transición.
A experiencia do relevo nas eleccións do 2007 non me permite coñecer
as súas intencións ao respecto. Naquel momento, quen
subscribe contou coa información do funcionariado.
Agora, se vostede o considera oportuno, ofrézolle a nosa
predisposición a reunirme con vostede e trasladarlle a nosa valoración de cantos asuntos están en curso.
A situación das obras, o estado de execución dos diferentes
plans provinciais, o estado das contas, e cantas cuestións estime, poden ser elementos de conversación. Esta
reunión pode levarse a cabo, ben coa asistencia doutros cargos electos, de funcionarios ou
desenvolverse exclusivamente entre nós. Déixoo
á súa consideración.
De igual maneira, se ten algún
interese en realizar algún tipo de protocolo especial no Pleno de Constitución da nova Corporación Municipal, pode ser tamén tratada para que
se desenvolva a gusto de todos e todas, lóxicamente
tendo presentes as esixencias
legais dispostas pra o caso.
Sen outro particular, reiterándolle a nosa predisposición,
quedo á espera das súas novas.
ATENTAMENTE
José Luis Vergara Rey
Alcalde en funcións
"
© 2011 - Concello de Cedeira - Alcalde en funcións
Dcto. formato PDF:
preme aquí
Link: Concello de Cedeira - Alcalde en funcións José Luis Vergara Rey