NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 64 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Redeiras de Cedeira

PHP-NukeFai anos ser muller e vivir nun pobo pesqueiro eran condicións que levaban a moitas delas a contribuír á economía familiar con empregos relacionados co mar. Vender peixe ou dedicarse ao arranxo das redes estaban entre os habituais.
Agora un grupo de 16 mulleres de Cedeira, todas vinculadas á Asociación de Redeiras, están dispostas a romper cos estereotipos "traballo mal remunerado e pouco especializado" e, para iso, non dubidaron en volver ás aulas a fin de ampliar coñecementos e acreditar os conseguidos ao longo dunha ampla traxectoria profesional. Aos cursos xa realizados e superados con éxito sobre palangre e cerco, este grupo de mulleres acaba de implicarse nunha nova aventura. Neste caso, trátase dun programa formativo de arrastre. Corenta horas é a duración dunha actividade que comezou o pasado luns e que se imparte en horario de tarde nas instalacións da Confraría de Pescadores de Cedeira.


© 2011 . Diario de Ferrol


Marisa Loureiro é unha das participantes. Ela, do mesmo xeito que as súas compañeiras, ten como obxectivo tomar parte a final de ano no proceso no que acodes con experiencia laboral, pero sen estudos, terán a opción de conseguir un certificado profesional.
Trátase dunha acreditación equivalente a unha Formación Profesional e de recoñecemento internacional.
As aspirantes ven, ademais, neste procedemento un bo sistema para acreditar os seus coñecementos e capacidades, erradicar o intrusismo e mellorar as súas condicións laborais.
A día de hoxe, as retribucións mensuais destas empregadas non chegan ao Salario Mínimo Interprofesional. Ademais, como autónomas, deben custearse a Seguridade Social, aínda que contan cunha axuda para contribuír ao preceptivo desembolso.
Por outra banda, tal e como apuntou Marisa Loureiro, o sector tampouco se libra da crise e unha das súas peores consecuencias, o de-sempleo, pasa factura a unhas profesionais con máis de 30 anos de experiencia. A día de hoxe, unha de cada dúas mulleres das que asisten ao curso está sen traballo, tal e como confirmou a portavoz do grupo.
Esta representante tamén entende que o camiño da profesionalización agora iniciado é o máis adecuado e combativo para facer fronte á crise e ao desemprego.
"O estudo non ocupa lugar" e "tratar de mellorar dentro da túa profesión" son algunhas de consígnalas que tamén comparten estas mulleres.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Redeiras de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.22 Segundos