AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Queremos Galego na Praza da Reitoral de Cedeira

PHP-NukeEste 17 de maio, a plataforma cidadá Queremos Galego! organiza un acto diferente en lugar da clásica manifestación en Santiago de Compostela. Trátase dunha mobilización expansiva que consiste en concentracións simultáneas ás 12 da mańá no maior número de localidades posibles.
Xunto cun bo número de vilas galegas, xa se sumaron a esta convocatoria Nova York, Madrid, Barcelona, Santa Cruz de Tenerife, Belfast e Bos Aires (entre outras).
Ademais de celebrar o día das Letras, tamén se quere chamar a atención sobre os ataques que están a sufrir a lingua e a cultura galegas nestes últimos anos.
En Cedeira, a xuntanza terá lugar na Praza da Reitoral na Vila vella. Alí se dará lectura de textos de Castelao e o homenaxeado Lois Pereiro , lerase o manifesto común en defensa do noso idioma e gozaremos da actuación músical de interpretes locais .
A Plataforma quere animar a todo o mundo (mulleres, homes, rapaces, rapazas, nenos e nenas) a participar deste ambiente de festa reivindicativa coa súa presenza e apoio.


© 2011 - P. Queremos Galego



Nós, a plataforma cívica QUEREMOS GALEGO  conformada por unhas 700 entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, nos anos pasados no día das letras galegas impulsamos masivas e  exitosas manifestacións en Santiago de Compostela co obxectivo de evidenciarmos perante á opinión pública europea que temos un idioma propio e que somos quen de defendelo en igual modo que son defendidos o resto dos idiomas da  Europa común. Este ano 2011 decidimos aproveitar o contexto de eleccións municipais para facer ver a necesidade democrática dunha galeguización efectiva dos concellos, como institucións que poden  e deben ser axentes activos e privilexiados no proceso normalizador da lingua galega.
Entendemos dende Queremos Galego que neste Día das Letras do ano 2011 non só podemos festexar e celebrar. Tamén nos vemos na necesidade de chamar a atención ante a clara involución neste eido que se manifestan nas políticas de acoso ao galego nestes dous anos que Núñez Feijóo leva na presidencia da Xunta e sobre os ataques que está a recibir nestes momentos o noso idioma. Estas inxustas agresións poñen en perigo o futuro da nosa lingua e da nosa cultura, ademais de debilitaren gravemente a convivencia e a cohesión social do país.
Acordamos pois realizar concentracións en multitude de concellos ao longo e ancho do País e no exterior, facilitando a participación das persoas que defendemos a existencia do noso idioma propio como principal vínculo de unión entre nós. Centos de concellos do país súmanse dia a dia a esta convocatoria ademais das xa confirmadas no exterior como Madrid, Barcelona, Bruxelas, Belfast ou Nova York
Como non pode ser doutro xeito a Mesa pola normalización lingüística de Cedeira como parte integrante e activa desta plataforma cidadá convoca tamén en Cedeira,  na Praza da Reitoral da Vila vella a citada concentración  na que alternaremos a lectura de textos do grande referente político, intelectual e artista  Castelao, e que neste ano celebramos o 125 aniversario do seu nacemento, tamén faremos lectura dunha escolma de poemas do homenaxeado nas Letras deste ano, Lois Pereiro e do manifesto común desta movilización expansiva alternado con música e na que participaran cedeirenses do mundo da cultura, música deporte e educación. 
Acude na defensa do teu idioma!.

Plataforma Queremos Galego de Cedeira    



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Queremos Galego na Praza da Reitoral de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.25 Segundos