- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Cerntro de Hidroterapia na Trabe

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, o socialista José Luís Vergara, desprazarase a próxima semana a Madrid para presentar no Instituto de Aforro Enerxético, dependente do Ministerio de Industria, un novo proxecto. A iniciativa, aínda por orzar, consiste na execución dun centro de terapia en torno ao auga nunha das parcelas de uso dotacional do polígono da Trabe. E a posible colaboración de Industria requirirase precisamente para fornecer electricidade ás instalacións a partir da planta de biomasa que entrará en funcionamento no mencionado parque empresarial da vila de Cedeira.

O rexedor socialista explicou que a proposta defende o aproveitamento da enerxía calorífica que xerará a planta "ademais de biomasa", dando así saída a esa calor residual cuxa produción estima nunhas 4.800 horas ao ano. "Trataríase de utilizar esa calor residual para facer funcionar un centro de terapia acuática", explicou Vergara, que confía en que o proxecto de biomasa apoie a proposta local.
"Con esa enerxía gratuíta poderíase abastecer as novas instalacións terapéuticas e evitar o pago duns 180.000 euros ao ano en concepto de enerxía", indicou o alcalde cedeirense.
No que respecta á construción do mencionado centro, o socialista José Luís Vergara indicou que habería que buscar o financiamento necesario para acometer a obra. Na actualidade o Concello contaría con dúas bazas ao seu favor, en caso de obter o respaldo de Industria, a subministración de enerxía e o chan no que asentar a edificación.
Unha empresa segoviana, Auténtica Xeración Distribuída, é a encargada de construír a planta de biomasa no polígono da Trabe. A actuación, dun megavatio de potencia, suporá un investimento no municipio de Cedeira de cinco millóns de euros e permitirá producir de modo simultáneo enerxía eléctrica e térmica "da que prevía regalar ao Concello corenta millóns de megavatios". A firma recibiu fondos do Ministerio de Industria.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Cerntro de Hidroterapia na Trabe" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos