|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Arqivada a querela interposta contra un Policía Local da Vila |
O xulgado de Instrución número 1 de Ortigueira arquivou a querela
interposta contra un policía de Cedeira que lle acusaba de falsear un
documento oficial relacionado cun incendio acontecido nunhas naves
industriais no ano 2006.
O sinistro ocorreu no mes de xuño no polígono industrial da Xunqueira. O
lume destruíu unha nave alugada polas empresas Mobles García e Pinturas
Rama. O problema produciuse cando os informes realizados pola policía
Local, Garda Civil e o oficial do Concello non se puñan de acordo á hora
de establecer se o incendio tivo a súa orixe nuns colectores do servizo
de recollida municipal ou das propias empresas. Un dos empresarios
afectados emprendeu accións penais contra o axente de policía ao
considerar que falseou o documento.
Na sentenza recoñécese que existen vestixios que indican a existencia do
colector e declara que non existe delito na actuación do axente.
Lin: VONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
"Arqivada a querela interposta contra un Policía Local da Vila" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|