O expresidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, acudirá esta
tarde a Cedeira para participar na presentación oficial de José Luís
Vergara Rey como candidato á alcaldía de Cedeira. No acto estará
presente tamén o deputado no Congreso, Francisco Xavier Carro Garrote,
que arroupará ao alcalde cedeirense que repite como cabeza de lista dos
socialistas cedeires.
O rexedor cedeirense asegurou recentemente que confía en obter o
respaldo suficiente que lle permita gobernar en solitario, sen
necesidade de pactos. Así mesmo, Vergara confirmou que saíse reelixido
ou non os próximos catro anos serán os últimos que dedique de pleno á
política, asegurando non repetir en próximas citas electorais.
© 2011 - Diario de Ferrol
Link: DFONLine