- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 65 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A.V. Protección Civil - Concello de Cedeira

PHP-NukeOs efectivos de seguridade de Cedeira retiraron o pasado domingo un madero que flotaba á deriva nas inmediacións da ría local. Segundo informa o equipo de Protección Civil, o tronco de piñeiro, de considerables dimensións e peso, ameazaba a seguridade das embarcacións que faenan na zona polo que se procedeu á súa retirada. O madero mide sete metros de lonxitude e os equipos de seguridade municipais tardaron preto de dúas horas en sacalo do mar.


© 2011 - La Voz de Galicia


Foron os efectivos de Salvamento Marítimo os que alertaron aos voluntarios de Protección Civil do perigo do tronco. A unidade da lancha de Cruz Vermella procedeu ao seu remolque ata o peirao cedeirense, e unha vez alí, as unidades necesitaron a axuda do vehículo guindastre propiedade do Concello para retirar os cascallos da auga. Mobilizáronse tamén aos técnicos municipais para o manexo do tractor. O tronco foi depositado na chaira do peirao vello ás tres da tarde para o seu posterior traslado.

Segundo os datos de Protección Civil, o tronco pode proceder dun dos desprendementos sucedidos na ladeira dun monte próximo ao Coto de Pantín tras o paso do último temporal.

Efectos do temporal

Desde o Concello informan de que a semana pasada aconteceron varios desprendementos de escasa magnitude en montes de Cedeira, como consecuencia dos efectos do mal tempo na costa ortegana. «Hai que proceder a retiralos con urxencia porque o vento e a choiva pode facer que cheguen ata o mar como neste caso, ou desprazalos ata as pistas rurais», explicaba onte o alcalde da localidade, Jose Luís Vergara. Fai apenas un par de meses o goberno local adquiriu un vehículo tractor subvencionado pola Deputación da Coruña para acometer estes traballos de retirada de cascallos.

A praia cedeirense da Magdalena sufriu os peores efectos do temporal. A forza coa que o mar azoutou a cala retirou grandes cantidades de area, acrecentando o desnivel que presenta a costa desde o paso da tormenta Becky. Vergara asegurou que se porá en contacto nos próximos días con Demarcación de Costas para informarlles do estado do litoral cedeirense, e asegurarse de que levará a cabo o plan de recuperación que a Xunta proxectou no seu día para o areal.

Link: VONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A.V. Protección Civil - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.26 Segundos