AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 76 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Desnivel de máis de dous metros na Madalena

PHP-NukeO temporal remite e abandona a costa do Ortegal sen deixar incidentes de gravidade tras tres días de alerta. Durante a xornada de onte, os concellos da comarca fixeron balance das desfeitas que causou a tormenta nos diferentes municipios e finalizan os labores de reparación das últimas incidencias.

Onte, a estación de punta Candieira rexistrou os ventos máis fortes a primeiras horas da mañá, chegando a exceder os oitenta quilómetros por hora, unhas cifras altas pero que adoitan ser habituais nos cantiis de Cedeira.

O forte vento da xornada anterior e a choiva intensa puideron ser as causas do desprendemento de parte da cornixa dun balcón na rúa Moeche. O incidente non afectou a ningún veciño, e onte ao mediodía xa se retiraron os restos do esborralle.

A praia local da Magdalena sufriu gravemente o azoute da ondada, e o mar volveu gañarlle terreo á zona de area. Desde o Concello informan que as ondas empeoraron o estado do noiro que causou a tormenta Becky o pasado mes de novembro. «O desnivel da area xa supera con fartura os dous metros de altura, e cando sobe a marea, apenas queda espazo de area sen alagar», explica o alcalde de Cedeira, Jose Luís Vergara.


© 2011 - Concello de Cedeira


Recuperación do areal

Costas xa anunciou cando se produciu o incidente coa anterior tormenta que o organismo prepararía un plan de recuperación do areal, aínda que non levará a cabo ata finalizar o período de temporais. Esta zona de litoral vese afectada cada ano polo mal tempo e o proxecto busca atopar unha solución que asegure a praia a longo prazo.

En Ortigueira, a intensidade da choiva provocou que se esborrallase terra sobre un dos carriis da estrada de circunvalación que conduce desde o centro urbano á praia de Morouzos, formando un noiro de escasa magnitude á beira do viario. O Concello sinalizou a zona e alertou á Deputación, administración titular da estrada, do sucedido. Onte ao mediodía completáronse os traballos de retirada dos restos de terra.

A flota pesqueira de Agarimo continuou a xornada de onte amarrada como medida de precaución, aínda que as previsións xa indicaban que pola tarde melloraría o estado do mar.

O porto cariñés e o de Estaca de Bares levaron a peor parte deste temporal, sufrindo novamente esborralles dalgunhas pedras que reforzan a estrutura dos peiraos.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Desnivel de máis de dous metros na Madalena" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos