|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 30 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| TEGA - Lei de Augas de Galicia |
A XUNTA OBRIGARÁ A INSTALAR CONTADORES NOS POZOS
Ante as dúbidas plantexadas nas últimas semanas sobre a decisión da Xunta de Galicia de obrigar aos propietarios de pozos e traídas particulares a instalar un contador para medir o consumo de auga, Terra Galega quere especificar o que di a lei aprobada polo Parlamento galego cos únicos votos do PP.
A Lei 9/2010, de 4 de novembro, de aguas de Galicia establece a obrigatoriedade de pagarlle á Xunta de Galicia un canon de saneamento aos propietarios de pozos vencellado ao seu consumo de agua, así como a instalar un contador que permita determinar ese consumo.
Concretamente, a lei establece no seu artigo 48 que: [...] a
determinación da base impoñible [do canon] realizarase, con carácter
xeral, en réxime de estimación directa, mediante contadores homologados.
A estes efectos, os usuarios están obrigados a instalar e manter ao seu
cargo un mecanismo de medición directa da auga [o contador]
efectivamente usada ou consumida.
E tamén di que: os usuarios que non dispoñan dun mecanismo de medición
directa poderán acollerse a sistemas de estimación obxectiva. A estes
efectos, entenderase que un usuario acóllese ao sistema de estimación
obxectiva cando unha vez transcorridos seis meses desde a entrada en
vigor do regulamento que desenvolva as previsións da presente lei [...]
non dispoña de mecanismo de medición.
Na disposición transitoria segunda, a lei establece que ata que non se
diten as normas de desenvolvemento do novo canon, continuarase coas
normas vixentes. Polo que o novo canon non se aplicará ata logo das
eleccións municipais.
Na disposición transitoria décimo cuarta, a lei establece a posibilidade
da non recadación do canon para os casos onde resulte antieconómico
[para o recadador]. Pero esa decisión terá que tomala o conselleiro e
será a consellería a que determine se eses costes de recadación son ou
non antieconómicos para a Xunta; é decir, que a lei obriga a cobrar (e
se non, a determinar a razón pola que non se cobra).
Link: MaisGaliciaONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 5 votos: 1
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"TEGA - Lei de Augas de Galicia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|