AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 21 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Portos de Galicia - Concello de Cedeira

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luís Vergara, lamentou onte non ser invitado á reunión que se produciu o pasado sábado na lonxa local. Como se recordará, o titular de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana entrevistouse co patrón maior da Confraría, Agustín Pérez Pernas, e demais membros do depósito para explicarlles os pormenores dunha serie de actuacións que se acometerán na dársena, como a construción de dúas novas naves, para redes e caixas de peixe, ou a recuperación da Casa do Mar.


© 2011 - Diario de Ferrol


Trátase dun paquete de intervencións "importante", como cualificou o rexedor cedeirense, aínda que de "menor calado do que cabería esperar". Neste sentido, José Luís Vergara, recorda que o que se debería anunciar dunha vez por todas é a construción dunha nova lonxa, "unha demanda histórica das xentes do mar, quen, segundo parece, deberán seguir agardando", asegurou. O rexedor socialista recorda que ata desde Sanidade alertouse no seu día da situación deficitaria que presenta a lonxa local, un edificio que se quedou completamente obsoleto e que de modernizarse como cabe esperar viría consolidar o porto local como un dos de maior volume de vendas da zona. Esta obra sumaríase á adecuación dos almacéns para exportadores, obra entregada ao depósito o ano pasado.
O alcalde cedeirense mostrouse crítico coa forma de actuar do titular de Portos, que non anunciou a súa visita ao Concello nin aos responsables municpales. "Eu entendo que nunha relación institucional normal baseada nos principios mínimos do protocolo que cabería esperar a un cargo público como este que se debería actuar doutro xeito", asegurou. Por outra banda, o alcalde pregúntase se Álvarez-Campana realizou a súa visita á vila como presidente de Portos ou talvez como secretario de Organización do Partido Popular, nese caso sería máis entendible a forma en que se actuou.
En canto á lonxa local, José Luís Vergara considera que "é moi posible que José Manuel Álvarez-Campana queira anunciar as futuras obras nun mitin do PP local".

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"Portos de Galicia - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.31 Segundos