NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 26 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Distancia de seguridade entre a zona de monte e vivendas

PHP-NukeO Concello de Cedeira axilizará os trámites para liquidar os expedientes abertos na vila por non gardar a distancia de seguridade entre a zona de monte e vivendas. Así o adiantou o alcalde da localidade, Jose Luís Vergara Rey, e confirmou que tratarán de darlle prioridade aos casos que presentan maior gravidade.

Actualmente en Cedeira atópanse activas 81 denuncias dos anos 2008, 2009 e 2010, relacionadas co tema de seguridade que impón a lei de incendios en Galicia. Esta lei regula a distancia que debe gardarse entre a liña de monte e unha vivenda, e establece que non debe ser inferior aos cincuenta metros. As denuncias proveñen de particulares, da regulación da Xunta e outras foron expostas polos técnicos do servizo de inspección municipal.


© 2011 - Ari García


Do total destes expedientes, media ducia reverten especial perigo para os veciños por estar as árbores a poucos metros dos fogares. «Trátase dun puñado de casos nos que os afectados negáronse a acatar a norma», lamenta o primeiro edil. Vergara confirma que tratarán de darlle prioridade a estes casos.

Co paso do temporal Klaus o Concello viu a necesidade de endurecer a vixilancia. «A xente entrou en razón e viu que se debe gardar a distancia. Co Klaus caeron as árbores encima de casas e de tendidos eléctricos. Non só causou moitísimas desfeitas, senón que fixo perigar a vida de moitas persoas», recorda o rexedor.

O proceso

Cando o Concello inicia un expediente, informa ao propietario do monte de que é a súa obrigación tallar as árbores que non gardan a distancia de seguridade. Se o afectado non realiza a talla pode recibir unha multa coercitiva de ata 3.000 euros, que se repetiría cada dous meses. É a Deputación a que se encarga de xestionar estas infraccións.

Se o expedientado non leva a cabo a actuación, o goberno local pode iniciar unha execución subsidiaria, é dicir, levaría a cabo a talla e cobraría os custos ao propietario.

Desde o Concello piden a colaboración da Xunta para axilizar os trámites. «Tiñamos un convenio coa anterior administración polo que financiaban estas actuacións», afirma Vergara. O rexedor asegura que o Goberno autonómico ten a obrigación de axudar economicamente e ofrecer os seus recursos aos Concellos para levar a cabo os trámites.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 5
votos: 1


Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Distancia de seguridade entre a zona de monte e vivendas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos