- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 72 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Deputación da Coruña: máis de 2 millóns de euros

PHP-NukeSalvador Fernández Moreda e José Luis Vergara visitaron esta mañá algunhas das principais obras financiadas pola institución provincial no municipio

A Deputación da Coruña está a realizar investimentos por importe máis de dous millóns de euros no concello de Cedeira. Así o confirmou esta mañá, durante a visita que realizou ao municipio, o presidente da institución provincial, Salvador Fernández Moreda, que considerou que “a Deputación cumpre con Cedeira”.

Pola súa banda, o alcalde de Cedeira, José Luis Vergara, agradeceu o apoio da Deputación para poñer en marcha diversos proxectos no concello e afirmou que os investimentos “foron moi ben aproveitados” polo goberno municipal para realizar obras moi demandadas e necesarias.

O presidente da Deputación e o alcalde cedeirés, acompañados de varios concelleiros da localidade, do deputado no Congreso Xavier Carro e de técnicos provinciais, supervisaron durante a mañá de hoxe algunhas das principais infraestruturas que financia a Deputación no municipio.


© 2011 - deputación da Coruña



San Andrés de Teixido


© 2011 - Deputación da Coruña

Fernández Moreda e José Luis Vergara visitaron en primeiro lugar as obras de mellora da seguridade vial na estrada DP-2205 de San Andrés de Teixido(pk.0) á Pedra (pk 1,560), que inclúen a ampliación da estrada para conseguir dous carrís de 3,50 metros e beiravías de medio metro nun tramo de algo máis de 1,5 quilómetros. Ademáis, nos primeiros 810 metros da estrada estase a executar unha senda peonil na marxe esquerda do vial.

O investimento nas obras de mellora desta estrada ascenden a 581.441 euros, segundo confirmou Salvador Fernández Moreda, e inclúen algunhas melloras de trazado nas curvas con radio inferior aos 50 metros e a sinalización horizontal e vertical da estrada.

Segundo informaron os técnicos provinciais, actualmente estanse producindo certos retrasos na evolución das obras debido a que se están redactando algunhas modificacións no proxecto inicial, co obxectivo de evitar afectar á estabilidade dos taludes. Pese a isto, e aínda que as obras comezaron a finais de outubro de 2010 e o prazo de execución previsto é de doce meses, a previsible mellora das condicións climatolóxicas podería facilitar que a obra estivera rematada para este verán, cando o santuario rexistra un maior número de visitantes.

Durante a visita a San Andrés de Teixido, Fernández Moreda afirmou tamén que a Deputación da Coruña ten previsto destinar outro millón de euros para mellorar dúas estradas do municipio cedeirés, cuxos proxectos están xa aprobados. Trátase da modificación do trazado da DP 2204 ao seu paso por Pontigas, que inclúe un pequeno desvío da estrada para evitar que o tráfico pase por un núcleo de edificacións moi próximas á calzada e a ampliación da plataforma ata os 9 metros. Este proxecto, cun investimento previsto de 558.287,73 euros, está pendente dun modificado para evitar a afección do Pazo de Sete, ben de patrimonio cultural.

Asimismo, segundo os datos facilitados polo presidente provincial, a Deputación está pendiente da posta a disposición dos terreos para a construción dunha senda peonil na DP 2203, entre Punta Candelaria e a capela de San Roque, cun orzamento previsto de 407.053,80 euros.


EDAR e saneamento en Montoxo


© 2011 - Deputación de Coruña

En San Román de Montoxo, o presidente da Deputación visitou tamén as obras de construción dunha rede de saneamento e unha estación depuradora de augas (EDAR) neste núcleo. A depuradora, ubicada na zona de Rego, conta con pozo de bombeo, by pass xeral, tamiz, desareador, tratamento biolóxico, decantación secundaria, sistema de desinfección por raios ultravioleta e eliminación química do fósforo, e pode dar servizo a un núcleo de ata 600 habitantes.

Segundo explicou o alcalde, a EDAR, que está xa en fase de probas para a súa entrada definitiva en servizo, beneficiará 250 residentes na zona e terá capacidade para asumir o aumento de poboación deste núcleo no futuro.

José Luis Vergara afirmou que a instalación responde á intención do goberno local de rematar en 2015 o saneamento total do munincipio, cumprindo a normativa europea ao respecto.

As obras incluiron tamén a colocación de tres colectores por gravidade, e 67 pozos de rexistro de formigón, todo elo por importe total de 401.645 euros, que foron achegados pola Deputación a través do Plan de Cooperación cos Concellos (PCC).
Pavillón e campo de fútbol
A comitiva visitou tamén o campo de fútbol de herba artificial, ubicado no centro urbán de Cedeira, no que a Deputación investiu 327.885,62 euros para dotar de céspede sintético de última xeración a esta infraestrutura deportiva. O proxecto incluiu tamén o drenaxe do terreo de xogo con sumidoiros laterais e a instalación dun sistema de rego para o adecuado mantemento das instalacións.

Ademáis, nun dos fondos do campo de fútbol vanse construir  unhas pistas de pádel, froito dun convenio recentemente asinado entre a Deputación e o Concello de Cedeira, que suporán un investimento de 80.400 euros.

Nas inmediacións do campo de fútbol, Fernández Moreda e José Luis Vergara supervisaron as obras de remodelación, adaptación e reparación da cuberta do polideportivo municipal, que supuxeron un investimento total de 537.573 euros, dos que a Deputación achegou 481.710.

Segundo afirmou José Luis Vergara, as obras desta instalación deportiva eran moi necesarias pois hai máis de 25 anos que o pavillón non tivera remodelación algunha.


As obras realizadas incluiron a reparación da cuberta do pavillón cunha cobertura de chapa de aceiro con manta de lana de vidro para un mellor aillamento, a instalación de calefacción nos vestiarios da piscina e a súa  remodelación para facelos accesibles a persoas con mobilidade reducida, así como a substitución do cortavento da entrada do polideportivo.

Segundo afirmou Salvador Fernández Moreda, ademáis destas obras, a Deputación destinou nos últimos meses 51.818,41 euros para o suministro de xogos para os parques infantís da Praza Roxa e o Paseo Marítimo, 71.350 euros para a instalación dun ascensor na Casa Consistorial e 108.000 euros para a adquisición dun tractor equipado para o desbroce, que foi entregado ao Concello o pasado 18 de xaneiro.

Link: DACONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Deputación da Coruña: máis de 2 millóns de euros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.24 Segundos