|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Carné por puntos para os pesqueiros |
O carné por puntos chegará tamén ao mar. O director executivo da
Axencia Europea de Control da Pesca, Harm Koster, valorou positivamente
a creación deste novo sistema de penalización para os barcos pesqueiros
e confiou en que esta medida da UE poida estar lista este mesmo ano.
Nunha rolda de prensa celebrada onte na sede da Axencia en Vigo,
onde se abordaron os principais asuntos tratados no Consello de
Administración do xoves no organismo, Koster afirmou que este carné por
puntos "está ben" xa que "pode axudar a mellorar o respecto das regras".
Co fondo mariño gravemente ameazado, entre un 11 e un 20% de
capturas ilegais e multas irrisorias para os que in*****pren a lei,
Europa pretende que este novo sistema de sancións disuada pouco a pouco
os buques piratas e aqueles que cometen infraccións. Harm Koster
recordou que o devandito carné nace como unha proposta da Comisión
Europea que deberá ser aprobada polo Consello da UE. Neste sentido,
estimou que o organismo "podería adoptalo este ano", aínda que, tal e
como aclarou despois, "non é seguro".
A idea que tiña a Axencia, polo menos hai xa uns meses, é que cando
un barco ou un operador in*****pran as normas, ademais da multa, recibA
un número de puntos proporcional á gravidade da súa infracción. Se
supera unha cantidade determinada en tres anos retiraráselle a licenza
de pesca durante seis meses. Se reincide, perderaa durante un ano. Á
terceira, suspenderáselle o permiso de forma definitiva. As
infraccións máis graves poderían supoñer unha retirada de seis puntos
dos 12 cos que, en principio, contará cada capitán do buque, ao igual
que no caso dun coche. Ademais, Koster referiuse tamén á
seguridade dos buques pesqueiros e, malia recordar que a Axencia non
abrangue ese ámbito, asegurou que, en xeral, o nivel de accidentes "é
elevado".
Máis de 7 millóns para o sector Por outra banda,
o Consello de Ministros aprobou onte a distribución entre as
comunidades autónomas de 14,4 millóns de euros destinados ao sector
pesqueiro español, dos que Galicia recibirá 7,21 millóns. Segundo
informa o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, con
estes fondos financiarase o programa operativo do Fondo Europeo da
Pesca (FEP) e os Plans Nacionais de Cultivos Mariños. Ademais,
España defenderá o criterio de sustentabilidade como instrumento básico
para deseñar un novo modelo de xestión pesqueira, segundo un informe
remitido ao Consello de Ministros polo Ministerio. O departamento de
Elena Espinosa centrará nesta idea a súa intervención na World Fishing
Exhibition, que se celebrará en Vigo.
As maiores infraccións, en bacallau e atún vermello
Os maiores in*****primentos detectados pola Axencia Comunitaria de
Control da Pesca durante 2008 foron nas declaracións de capturas tanto
do atún vermello do Mediterráneo e do Atlántico Leste como do bacallau
do mar Báltico, segundo o xefe de unidade de coordinación operativa da
ACCP, Pedro Galache, que sinalou onte que “en xeral” son nesas capturas
desas áreas marítimas onde “máis risco de in*****primento” se detectou. O
informe destaca os “bos resultados” en materia de cooperación
operacional entre os estados membros, así como un óptimo comezo na
promoción da ampliación uniforme das regras da PPC polos estados
membros.
No que atinxe ás capturas de bacallau no mar Báltico, Galache
indicou que os plans de desenvolvemento conxunto levados a cabo nesa
zona “non aseguran un total control efectivo”, xa que existe un
problema “recorrente” que pasa pola non declaración do total das
capturas desa especie pesqueira. Sobre o atún vermello dixo que o
respecto dos límites de captura continúa sendo un “gran reto” e avanzou
que, a partir do próximo mes de abril, se creará en Vigo un grupo
técnico, composto por expertos, que centralizará a campaña e o control
do atún vermello. Link: XORNALONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Carné por puntos para os pesqueiros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|