AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 24 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Masiva participación nas mobilizacións convocadas pola CIG

PHP-NukeA CIG amosou hoxe a súa satisfacción pola masiva participación da clase traballadora nas distintas mobilizacións celebradas por todo o país coincidindo coa xornada de folga xeral convocada para rexeitar a reforma das pensións do Goberno español. A central estima que arredor de 80.000 persoas saíron á rúa nas principais cidades e vilas de Galiza nunha xornada histórica para o sindicalismo nacionalista galego ao conseguir sacar adiante o paro en sectores importantes a pesar do contexto de grave crise, do boicot dos medios de comunicación e do acoso policial


© 2011 - Manuel Formoso

A folga tivo un seguimento practicamente xeneralizado no transporte de viaxeiros e nos urbanos, na recollida do lixo e limpeza viaria, no sector naval, nas grandes obras da construción (como a ampliación de Peinador e Lavacolla ou o porto exterior da Coruña) e nos portos comerciais de Ferrol e da Coruña. Os polígonos do Campiño en Pontevedra, do Tambre en Compostela e algunhas empresas situadas nos de Vigo viron reducida a súa actividade, de igual xeito que na cidade olívica lle sucedeu a Citroën, que tivo que dobrar a quenda de noite (terían que rematar ás 5.00 horas e eran as 8.00 e aínda traballaban) para que a liña de produción non se vise afectada.
Alén diso, cómpre salientar que o 40 % da quenda de mañá non entrou a traballar, arredor de 1.000 persoas. Outras empresas importantes que se viron afectadas polo paro foron a ferrolana Navantia (cun paro do 40 % na empresa principal e do 60% nas auxiliares, mentres que en Fene o paro ascendeu case até o 90%), Celulosas de Pontevedra (arredor dun 50 %), Alcoa en San Cibrao das Viñas (sobre un 50 %) ou Zara Loxística, en Arteixo (outro 50 %). En Ourense rexistrouse un paro total nas compañías Roberto Verino e Faurecia. No que respecta á administración local salienta o seguimento masivo que tivo a convocatoria nalgúns Concellos, como foi o caso do de Compostela, cun 80 % de paro. En canto ao ensino secundario, a adhesión á folga estivo entre un 60 e un 70 %. Finalmente, o sector onde o paro tivo unha menor repercusión foi no pequeno comercio e nas grandes áreas.


Ferrol

Dende a CIG de Ferrol subliñaron que a manifestación realizada hoxe na cidade é a máis numerosa das que se recorda na comarca nos últimos tempos, cunha participación que chegou ás 8.000 persoas. O dato sustenta a positiva valoración que fixeron dende a Unión Comarcal desta xornada de paro, na que se conseguiu paralizar a recollida de lixo e a limpeza viaria de Ferrol e Narón, os servizos de transporte urbano e diversas empresa do sector da construción e madeira e do metal (como Privilege ou Maderas Fernández.

Sobre a incidencia da folga, o voceiro comarcal, Manel Grandal, destacou especialmente a resposta á convocatoria por parte dos traballadores e  traballadoras dos estaleiros públicos, de xeito que en Navantia Fene se acadou un 90% de seguimento e en Navantia Ferrol na empresa principal o paro xirou arredor do 40%, pero nas auxiliares o seguimento superou o 60%. Ademais, un volume importante de traballadores e traballadoras saíu do estaleiro para unirse á manifestación da CIG. E iso, incidiu Grandal, malia haber representantes de UGT e de CCOO que estiveron facendo o labor de contra piquetes.

Pola súa banda, as Federacións da área pública da CIG (Administración, Sanidade e Ensino) organizaron un piquete informativo propio que durante toda a mañá estivo percorrendo os centros dependentes da administración animando aos traballadores e traballadoras do sector público a secundar a folga. O piquete levou faixas na denfesa do emprego público, contra da rebaixa salarial que se lle ten aplicado a este colectivo e contra da política de privatización dos servizos públicos (sanidade, servizos sociais ou a educación) practicada polo goberno da Xunta.

O voceiro comarcal, Xesús Anxo López Pintos, apuntou que a central sindical demostrou hoxe que “non fallou á clase obreira e foi quen de pór a disposición da clase traballadora toda a ferramenta do sindicato”. Nesta liña tamén criticou con dureza o acordo asinado por CCOO e UGT, atendendo así as demandas dos gobernos, ao servizo do capital financeiro.

A respecto da presenza policial, subliñaron que se ben a de hoxe foi a manifestación máis numerosa, tamén foi a folga con máis presenza policial dos últimos anos. De feito a policía identificou a todos os piquetes informativos durante toda a noite e a mañá.

Carga en Odeón

Desafortunadamente, na comarca produciuse unha carga policial inxustificada contra un piquete que estaba realizando a súa labor informativa nun concesionario de vehículos situado en fronte ao centro comercial Odeón. Para maior sorpresa da CIG, non só a policía arremeteu contra os/as folguistas, senón que mesmo un vixiante de seguridade do complexo comercial saíu fóra do seu centro de traballo para “colaborar” na carga policial. Este vixiante golpeou a unha compañeira cunha porra extensíbel, causándolle unha fenda na cabeza.

Dende a CIG de Ferrol xa adiantaron que presentarán denuncia xudicial o garda de seguridade, para que, pola gravidade que reviste a súa actuación totalmente ilegal, se adopten todas as medidas que correspondan.

Link: CIGONLine - Manuel Formoso



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Masiva participación nas mobilizacións convocadas pola CIG" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos