AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Plan de Ordenación do Litoral

PHP-NukeO Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do 29 de decembro pola que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia (POL).

Esta memoria pódese consultar a través do enderezo electrónico: http://medioambiente.xunta.es así como no propia web do POL, http://www.xunta.es/litoral/.Neste documento, que supón unha garantía de sustentabilidade para o litoral galego, valídase o procedemento de avaliación ambiental estratéxica levado a cabo durante a tramitación do POL así como a inclusión efectiva dos criterios de sustentabilidade contemplados na elaboración do plan que foran indicados no documento de referencia.

Entre as distintas variables analizadas na memoria podemos destacar que, segundo consta no informe, a planificación de conservación da natureza vese favorecida co POL, a través do seu compromiso de establecer un modelo territorial que favoreza a funcionalidade e conectividade dos sistemas naturais, garantindo a integridade dos sistemas, evitando a presión sobre as súas áreas e elementos máis fráxiles, e establecendo elementos a modo de corredores que favorezan a conectividade ecolóxica.Resumo do proceso de avaliación ambiental estratéxica:• Febreiro de 2009: o órgano ambiental, recibe o documento de inicio (DI) do POL, previsto no artigo 18 da Lei 9/2006, sendo exposto ao público a través da web: http://aae.medioambiente.xunta.es, e abríndose un prazo de consultas do 6 de febreiro ao 6 de marzo. Durante o dito período, consultouse ás entidades representadas no Consello Galego de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible para que realizasen os comentarios que estimasen pertinentes.
• Abril de 2009. O órgano ambiental elabora o documento de referencia que fixa os criterios de sustentabilidade a seguir.
• Xullo de 2010. Aprobación inicial do POL, cuxa documentación inclúe o ISA (Informe de Sustentabilidade Ambiental).
• Decembro de 2010: elaboración da memoria ambiental e aprobación provisional do POL.
O Plan de Ordenación do Litoral acadou a súa aprobación provisional o 30 de decembro, dúas semanas despois da levada a cabo coas DOT, cumprindo así o compromiso levado a cabo pola Xunta de Galicia en canto a prazos e acadando deste xeito que a planificación territorial deixe de ser unha materia pendente en Galicia. Con este importante trámite, o Goberno galego deixa feitos os seus deberes e queda a expensas do informe favorable da Dirección Xeral de Sustentabilidade da Costa e do Mar, dependente do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Ese será o derradeiro chanzo para a entrada en vigor do POL, que será efectiva mediante decreto e publicación no DOG.

Link: XONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Plan de Ordenación do Litoral" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.34 Segundos