|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 21 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Mar prohibe capturar nécora a partir de mañá |
Segundo a Orde do 20 de decembro de 2010 pola que se aproba o
Plan Xeral de Explotación Marisqueira para o 2011, a Consellería do Mar
prohibe a captura da nécora a partir de mañá, 6 de xaneiro. O calendario
aprobado no Plan Xeral de Explotación Marisqueira establece que a
actividade de extracción deste crustáceo estará prohibida ata o día 3 de
xullo. O departamento que dirixe Rosa Quintana, persegue con esta
medida técnica favorecer a reprodución e reducir o esforzo pesqueiro que
soportan as poboacións desta especie na Comunidade Autónoma de Galicia.
A extracción da nécora estivo autorizada dende o 5 de xullo de 2010
ata hoxe. Neste período de tempo capturáronse 115.877,37 quilos nas
augas galegas cun importe total de 1.973.029,18 euros.A
Consellería do Mar lembra que na actualidade tamén están en veda outros
crustáceos como o santiaguiño (Scyllarus arctus) ata o 2 de outubro, o
lumbrigante (Homarus gammarus) e a lagosta (Palinrus elephas), ambas
especies ata o 30 de xuño.
Link: XONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Mar prohibe capturar nécora a partir de mañá" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|