|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 39 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Mar convoca axudas por 30 millóns |
A Consellería do Mar pretende, unha vez máis, dar un impulso ás empresas
que invistan en transformación e comercialización en Galicia con axudas
por importe de 30 millóns de euros en total para o sector transformador
e comercializador. O departamento que dirixe Rosa Quintana persegue, a
través da orde que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia, potenciar a
competitividade no sector procesador galego, promovendo así o
desenvolvemento económico, social e produtivo da nosa comunidade. En
pleno contexto de crise, a Xunta fixo un esforzo para adiantar a
publicación da convocatoria no mes de decembro, co obxectivo de axilizar
as resolucións e que as empresas poidan dispór das axudas o antes
posible.
Poderán acceder a estas axudas as persoas físicas ou xurídicas que
sexan titulares de establecementos de transformación ou comercialización
de produtos de pesca, marisqueo e acuicultura xa existentes en Galicia e
aquelas que establezan novos centros na nosa comunidade. As axudas aos
investimentos limitaranse ás microempresas, ás pequenas e medianas
empresas e ás empresas con menos de 750 empregados ou cun volume de
negocios inferior a 200 millóns de euros. Son obxecto destas
subvencións os investimentos que redunden na mellora das condicións de
traballo e na mellora e o seguimento das condicións hixiénicas e de
saúde pública ou da calidade dos produtos. As actuacións encamiñadas á
produción de produtos de alta calidade para mercados altamente
especializados, á redución do impacto negativo do ambiente, a unha
mellor utilización de especies pouco aproveitadas, subprodutos e
residuos e á comercialización de produtos procedentes esencialmente dos
desembarques locais e da acuicultura tamén son obxectivo de estas
axudas, así como a produción ou comercialización de novos produtos, a
aplicación de novas tecnoloxías ou o desenvolvemento de métodos
innovadores de produción ou comercialización.O importe total, 30
millóns de euros, distribuirase en tres anualidades, ata o 2013 e as
subvencións contarán co financiamento do Fondo Europeo da Pesca nun
61%. A porcentaxe máxima de contribución pública das axudas será igual o
menor ao 60% do total dos gastos subvencionables. Para empresas quen
non teñan a consideración de microempresas, pequenas ou medianas, e que
teñan menos de 750 empregados ou un volume de negocios inferior a 200
millóns de euros, a contribución pública será dun máximo dun 30%. O
prazo de presentación de solicitudes será ata o día 31 de xaneiro de
2011. Link: XONLIne
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Mar convoca axudas por 30 millóns" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|