NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 49 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Axuda Deputación da Coruña

PHP-NukeA Deputación da Coruña publicou no Boletín Oficial da Provincia (BOP) do pasado 22 de decembro a convocatoria de axudas de cultura, deportes, servizos sociais, e promoción económica, dirixidas aos concellos da provincia, entidades culturais e deportivas, así como ONG, e organizacións agrarias e confrarías de pescadores.
 
O prazo para solicitar as axudas do organismo provincial será ata o 31 de xaneiro de 2011, e estas poderán formularse a través dos impresos oficiais editados pola Deputación da Coruña, ou ben a través de vía telemática na páxina web da institución, www.dicoruna.es.
 


No apartado de cultura e deportes, tanto para os concellos como para as entidades, outorgaranse axudas para a promoción de actividades e investimentos en infraestrutura e equipamento. Así, no referido aos concellos, as axudas alcanzarán un máximo de 65.000 euros, en ambos os capítulos, mentres que as subvencións para os conservatorios de música poderán alcanzar os 20.000 €, e 10.000 no caso das escolas de música, ademais dos 7.500 euros para animadores culturais e deportivos. No caso das entidades, as axudas serán como máximo de 30.000 euros tanto para actividades como equipamento.
 

Na área de deportes, tanto de base como federado, as subvencións serán de 18.025 € para financiar actividades; de 31.000 euros para equipamentos deportivos, e de ata 65.000 euros para a actividade deportiva federada de ámbito nacional.
 

Respecto das subvencións de servizos sociais para entidades locais, estas irán orientadas ao apoio aos programas de atención especializada, loita contra a violencia de xénero, plans de igualdade, e, entre outros, programas de conciliación. As axudas terán unha dotación máxima de 45.000 euros para a potenciación dos servizos sociais, e de 40.000 para iniciativas relacionadas coa promoción da igualdade e a loita contra a violencia de xénero.
 

Tamén no ámbito social, a Deputación da Coruña convoca subvencións de ata 6.000 euros para os programas de envellecemento activo dos concellos e mancomunidades da provincia e axudas de ata 30.000 euros para entidades sen ánimo de lucro que promovan accións e servizos de atención sociosanitaria como centros de día, comedores, comunidades terapéuticas, residencias, pisos tutelados, ou transporte adaptado.
 

No apartado de promoción económica, as subvencións serán para os concellos e poderán alcanzar os 65.000 euros para actividades e investimentos de infraestruturas e equipamentos, mentres que para as entidades ou asociacións o importe máximo é de 30.000 euros.
 

Na mesma convocatoria contémplanse as axudas ás organizacións agrarias da provincia, orientadas á recuperación e posta en valor dos recursos endóxenos de carácter agrícola, gandeiro e forestal. As axudas terán un orzamento máximo de 30.000 euros, segundo o establecido nas bases, que se destinarán á actividade xeral destas entidades ou a dotación de novas infraestruturas e equipamentos.
 

E, por último, tamén se fixeron públicas as bases das subvencións para o fomento do sector pesqueiro a través das axudas ás confrarías de pescadores da provincia. Neste capítulo contémplanse axudas para actividades (cursos de formación, investigación, e vixilancia das autorizacións marisqueiras), e para investimentos (aplicación de novas tecnoloxías e modernización dos sistemas produtivos, equipamento de lonxas e confrarías). O importe máximo en ambos os dous apartados será de 60.000 euros.
 

Para máis información sobre as bases das distintas convocatorias pódese consultar a páxina web da Deputación da Coruña, no apartado do Boletín Oficial da Provincia.
http://bop.dicoruna.es/bopportal/

Link. DEPUTACION DA CORUÑA



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Axuda Deputación da Coruña" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos