- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 73 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Concello de Cedeira - Albergues Rías Altas SL

PHP-NukeO alcalde de Cedeira, José Luís Vergara Rey, proporá no próximo pleno do Concello modificar o plan urbanístico do municipio e recalificar uns terreos á entrada da urbe, onde unha empresa da localidade quere instalar un hipermercado. «Queremos realizar o proceso con absoluta transparencia, e que se beneficie diso todos os veciños», asegura o primeiro edil.

A idea parte de varios empresarios que conforman Albergues Rías Altas S.L., unha empresa que, segundo o rexedor, está interesada en instalar un mercado na entrada da urbe mariñeira. A entidade xa dispón duns terreos de preto de 18 mil metros cadrados fronte á gasolineira de Cedeira, que tamén é da súa propiedade. «Expuxéronnos un proxecto que tamén prevé adaptar unha zona de aparcadoiro xunto ás instalacións», explica o alcalde.

Vergara asegura que será moi beneficioso para desconxestionar parte do tráfico no centro urbano. «Os supermercados en Cedeira están dentro da vila, o que dificulta moito a circulación e o aparcadoiro dos vehículos. Sempre hai coches en dobre fila de familias facendo a compra», afirma o alcalde. Estes problemas viarios dificultan o tránsito dos veciños pola zona.

Pero para que a empresa poida instalar no terreo a actividade comercial, o Concello deberá modificar o plan urbanístico municipal do ano 1995. «Agora mesmo eses terreos non teñen permiso para uso comercial, están cualificados de carácter residencial de baixa densidade», explica Vergara.

O alcalde exporá a cuestión no próximo pleno extraordinario do Concello, que se convocará a mediados deste mes para debater os orzamentos municipais. «Estou seguro de que será unha proposta que sairá aprobada por unanimidade», asegura Vergara.

Vivendas sociais

Se o proxecto consegue seguir adiante, a empresa cederá uns terreos da súa propiedade no centro da vila para o uso e explotación por parte do goberno local. En total, a superficie ascendería a setecentos metros cadrados e a parcela está situada na zona antiga da urbe.

Desde o consistorio adiantan que planean utilizar o terreo para a construción de vivendas de uso social. «O Concello non dispón de terreos, e non temos a capacidade para compralos. A zona que nos cedería a empresa xa está nomeada como chan urbano, e poderiamos empezar co proxecto das vivendas sociais xa o próximo ano», comenta Vergara. O primeiro edil asegura que hai moitas empresas da construción que estarían interesadas en colaborar co Concello para as vivendas.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Concello de Cedeira - Albergues Rías Altas SL" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.29 Segundos