AC566 Ferrol - Cedeira NOVO TRAZADO SI !!!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 49 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 A CIG denuncia

PHP-NukeA CIG vén de reclamar no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a nulidade dunha resolución da Consellería de Traballo pola que adxudicaba unha partida duns 600.000 euros en cursos de formación dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas supostamente dun xeito irregular. O sindicato denuncia que a Xunta non cumpriu “o obxecto da convocatoria”, que era “dirixir as axudas a sectores estratéxicos de Galicia en crise” e favoreceu cunha parte destes cursos a certas “agrupacións profesionais”. Ademais, di a CIG, o Goberno galego negoulles información “sobre os baremos e criterios de avaliación” que aplicaron ás solicitudes formuladas.

Tal e como reflicte a CIG no seu recurso ante a Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG, as bases eran as seguintes: “Nesta convocatoria, a situación de crise en que estamos inmersos fai axeitado que só poidan ser beneficiarios destas subvencións as empresas, agrupacións e corporacións de dereito público dos sectores estratéxicos na situación sociolaboral de Galicia: téxtil, alimentación, madeira, construción, metal, agrario, pesqueiro e aqueles outros que como consecuencia da crise tivesen unha perda de afiliación á seguridade social superior ao un por cento”. A central sindical expón que parte destes fondos europeos déronselle, pola contra, a entidades que “teñen como obxectivo rexer, exclusivamente, o exercicio profesional dos seus colexiados, non intervir no mercado e no emprego”.

Así, no listado que a CIG aporta no Superior, o sindicato resalta adxudicatarios como por exemplo o Colexio Oficial de Podólogos de Galicia, con cursos para “cirurxía de unllas e partes brandas” ou “biomécanica e ortopodoloxía”.

Por outra banda, o sindicato asegura que a Directora Xeral de Formación e Colocación “informou á CIG que non se entregarían as resolucións individuais de cada entidade” a pesar de pedilas como membros da Comisión Galega de Formación Profesional Continua, polo que non coñecen “a baremación e criterios de avaliación” aplicados pola Xunta.

A CIG explica no documento que tamén está en contra da propia convocatoria, cuxa orde, do 7 de maio de 2010, foi publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o 12 de maio. O sindicato asegura que xa a propia orde o Executivo autonómico “limita improcedentemente” o acceso a poder ser beneficiarios destas axudas a “empresas, agrupacións de empresas e corporacións de dereito público de sectores estratéxicos” e exclúe, “sen motivo algún que o xustifique” a organizacións como son as sindicais en favor doutras entidades.

Isto, segundo denuncia a CIG, vai contra artigos da Constitución debido “á procedencia dos fondos económicos” europeos “que sosteñen estes programas, de orixe netamente laboral e social”. Ademais, aseguran, incumpre os principios constitucionais “de liberdade sindical e de igualdade”, polos que estas entidades terían “dereito a participar na xestión de tales fondos en pé de igualdade con outras organizacións”.

Segundo asegura a CIG, o pasado 22 de setembro reuniuse a Comisión Galega de Formación Profesional Continua e, nesa sesión, “os representantes sindicais de UGT e CC OO coincidiron na necesidade de que a orde da Xunta se entendese só como ocasional” e que noutras ocasións “se respectase o establecido no Real Decreto de Formación para o Emprego, afirmando que a orde, tal e como está, debe desaparecer”, afirman.

O sindicato presentou o recurso ante o Tribunal Superior o pasado 15 de novembro, onde lle solicitan tamén ao TSXG que lle reclame á Consellería de Traballo, dirixida por Beatriz Mato, o expediente administrativo destas concesións para cursos de formación que lles foi negado, para poder telo e así “formalizar” a demanda.

Link: XORONLIne



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"A CIG denuncia" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.21 Segundos