- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 40 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 AC - 566

PHP-NukeO Concello de Cedeira ultima os detalles para comezar coas mobilizacións de protesta e esixir melloras na carreta AC-566, a que conecta con Ferrol a través de Valdoviño.
Tras o intento errado do alcalde da localidade, José Luís Vergara, de reunirse co Conselleiro de Infraestruturas, a vila prepárase para iniciar unha campaña de información á poboación sobre os perigos da estrada, e comezar coas medidas de presión. «Non esperamos que a Xunta cambie de parecer porque non recibimos contestación para que nos reciban, o que interpretamos como que non lles interesa o problema», lamenta.



O vindeiro xoves 11, o alcalde convocará á xunta de portavoces do Concello en reunión para concretar unha liña de actuación conxunta. Fixarase a data para os futuros encontros coas entidades sociais, culturais e veciñais da comarca, nos que darán a coñecer as reclamacións e as propostas que ofreceu o Concello á Xunta polos problemas da estrada.

Coincidindo coa celebración do feirón na localidade, o segundo domingo de cada mes, comezarán as protestas na vila. «É un día moi propicio para informar á poboación das formulacións que propón o Concello para a vía», explica Vergara. O obxectivo é mobilizar aos cedeirenses para que participen nos actos de protesta e coñezan as medidas que está a tomar o goberno local.

«A Xunta só recolle un orzamento residual para algún estudo viario, pero con iso non se financiará o groso da necesidade», demanda o alcalde. A pesar de ser un tramo cun alto índice de sinistralidade, e que o alcalde leva demandando desde hai meses á Xunta que acometa as obras de remodelación da estrada que une Valdoviño con Cedeira, os orzamentos da Administración para o próximo ano non ofrecen ningunha partida.

A finais deste mes, o goberno cedeirense prevé levar a cabo unha marcha a pé desde o municipio ata a cidade de Ferrol para presionar ao executivo. E contémplase a posibilidade de organizar outra concentración en Santiago. «Vémonos na necesidade de realizar unha campaña pública máis intensa polo caso omiso que mostrou a Administración ás nosas peticións», asegura Vergara.

No que vai de ano, na estrada AC-566 rexistráronse xa tres accidentes con vítimas mortais, nun viario que acumula ata sesenta curvas de gran perigo.

Link: VONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"AC - 566" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos