- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 72 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Segunda corrección de erros das bases - Concello de Cedeira

PHP-NukeANUNCIO

2ª CORRECCIÓN DE ERROS NAS BASES DA CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A PROVISIÓN EN PROPIEDADE DE DUAS PRAZAS DE POLICÍA LOCAL OEP 2010 PUBLICADAS NO BOP, nº 198, DE 18 DE OUTUBRO DE 2010 e CORRECCIÓN DE ERROS PUBLICADA NO BOP Nº 201 DE 21 DE OUTUBRO DE 2010

Por Resolución de Alcaldía de 29 de outubro de 2010 acordouse:

1. Modificar as Bases para a provisión en propiedade de dúas prazas de policía local aprobadas por acordo da Xunta de Goberno Local de 14 de outubro de 2010 e publicadas no bop, nº 198, de 18 de outubro de 2010 e corrección de erros publicada no bop nº 201 de 21 de outubro de 2010:

a) Modificase a Base Terceira.- Requisitos dos/das aspirantes cuxa redacción pasa a ser:

3.1.- Novo ingreso: Os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ter nacionalidade española.

b) Superar os 18 anos de idade e non ter cumpridos os 36.

c) Ter unha estatura mínima de 1,65 metros os aspirantes varóns e de 1,60 as aspirantes mulleres. Este requisito comprobarase inmediatamente antes do comezo do primeiro exercicio do proceso selectivo, quedando excluído do proceso quen non teña a altura mínima esixida nestas bases.

d) Ser titular dos permisos de conducir das clases A2 e B con BTP na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes comprometéndose, mediante declaración, a mantelos vixentes mentres permanezan en situación de servicio activo no Corpo da Policía Local.

e) Estar en posesión da titulación esixible para o acceso como funcionario do grupo C1, conforme a normativa de función pública.

f) Non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, sin embargo, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.

g) Acredita-la aptitude física mediante a presentación dun certificado médico, no que se faga constar que o aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias para a realización das probas físicas que figuran nestas bases, e de que non estar incurso en posibles causas de incapacidade recollidas no anexo de exclusións médicas destas bases, sen prexuízo de comprobacións posteriores do que reflicta o certificado médico.

O certificado axustarase ao seguinte modelo: “Don/Dona.......... reúne as condicións físicas e sanitarias necesarias e suficientes para a realización das probas de aptitude física esixidas na base sexta da Convocatoria.../... para a provisión en propiedade de _________prazas de Policía da Policía Local do Concello de________”.

h) Compromiso de portar armas propias da actividade que se vai desempeñar, e si fora o caso, de chegar a utilizalas, o que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

i) Xustificante de ingreso da taxa pola participación en probas selectivas publicada no BOP de 31 de decembro de 2009.

3.2.- Mobilidade: Os/as aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser funcionario de calquera corpo da Policía Local da comunidade autónoma de Galicia, coa categoría de policía, e ter unha antigüidade mínima nela de 5 anos.

b) Faltarlle 12 anos como mínimo para o paso previsto á situación de segunda actividade.

c) Xustificante de ingreso da taxa pola participación en probas selectivas publicada no BOP de 31 de decembro de 2009.

Tódolos requisitos enumerados anteriormente (tanto coma para novo ingreso coma para mobilidade) deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria para a cobertura destas prazas.

b) Modificase a Base Quinta.- Presentación de instancias:

Dase unha nova redacción a Base 5ª.1.g:

“g) Declaración xurada de non ter sido condenado/a por delito doloso, nin estar inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas, nin separado/a do servicio das administracións públicas por expediente disciplinario ou resolución xudicial firme. Será aplicable, sin embargo, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial.”

Suprimese o apartado h) da Base 5ª.1

C) Modificase parcialmente a Base 7ª Composición do Tribunal, na medida que pode compatibilizarse a redacción do artigo 34 da Lei 4/2007, de Coordinación de Policías Locais, coa do artigo 60 do Estatuto Básico do Empregado Público:

Donde dí “Secretario (titular e suplente): Funcionario de carreira de calquera administración pública.”

Debe decir “Secretario (titular e suplente): un funcionario do concello convocante

con habilitación de carácter nacional que en caso de ausencia poderá ser substituído polo funcionario do Concello que desempeñe accidentalmente ditas funcións”

d) Modificase a Base octava. Contido do proceso selectivo, forma de desenvolvemento e sistema de cualificación cuxa redacción pasa a ser:

8.1 Normas comúns.-

a. Os aspirantes deberán acudir ás probas nas horas e datas dos respectivos chamamentos, sen posibilidade de aprazamento calquera que fose a causa que lles impedise acudir, agás que a escusa sexa posible por ter amparo nun precepto legal, así como no suposto contemplado no número seguinte.

b. Nos casos de aspirantes embarazadas, ou en período de parto ou postparto, debidamente acreditados, poderase aprazar para as aspirantes nas que concorra a devandita circunstancia ata seis meses o desenvolvemento das probas físicas que lles correspondese efectuar, prazo que podería prorrogarse como máximo outros seis meses en caso xustificado. Este aprazamento das probas físicas non afectará por si solo ao resto das probas.

c. En calquera caso, se lle dará por superado o proceso selectivo a aqueles aspirantes que obtivesen unha puntuación final que non puidese ser conseguida, aínda coa obtención da máxima puntuación posible nas probas físicas aprazadas, polas aspirantes que se acollesen ao dereito de aprazamento.

d. As bases das convocatorias establecerán que as mulleres embarazadas que prevexan que polas circunstancias derivadas do seu avanzado estado de xestación e previsión de parto, ou eventualmente primeiros días do puerperio, a súa coincidencia coas datas de realización de calquera dos exames ou probas previstos no proceso selectivo poderán poñelo en coñecemento do tribunal, unindo á comunicación o correspondente informe médico oficial. A comunicación deberá realizarse co tempo suficiente e o tribunal determinará con base na información de que dispoña, se procede ou non realizar a proba nun lugar alternativo ou ben un aprazamento da proba, ou ben ambas as dúas medidas conxuntamente.

e. En ningún caso as probas de recoñecemento médico considerarán como circunstancias negativas para os efectos do proceso selectivo, calquera que fose derivada da situación de embarazo e lactación. Por solicitude da muller que acredite atoparse nestas circunstancias, os tribunais poderán determinar que estas probas se realicen en calquera outra fase ou momento do proceso selectivo. Tamén o tribunal poderá sinalar razoadamente de oficio, oída a afectada, unha data apropiada segundo as condicións da muller que se atope nestas circunstancias.

f. O orde de actuación das persoas participantes, principiará por aqueles cuxo primeiro apelido empece pola letra M (Resolución do 26 de xaneiro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza).

8.2.- Novo ingreso.-

O procedemento de selección constará de cinco exercicios, segundo o disposto no Anexo I da “Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais” dictada pola Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, obrigatorios e eliminatorios cada un deles, de xeito que non poderán pasar ó seguinte os/as aspirantes que non tivesen alcanzado a cualificación mínima establecida para cada un deles.

Primeiro exercicio.- Proba de avaliación de coñecementos:

A proba de avaliación dos coñecementos dos/das aspirantes deberá amosar a súa preparación intelectual e o dominio dos contidos do temario que se inclúe no Anexo II destas bases.

Consistirá na contestación por escrito dun cuestionario de 100 preguntas tipo test, con 4 alternativas de resposta cada unha, que serán propostas polo tribunal. Os/as aspirantes disporán dun tempo máximo de dúas horas para a súa realización.

A proba cualificarase polo tribunal de cero a dez puntos, sendo preciso acadar cinco puntos como mínimo. A cualificación farase atendendo a seguinte fórmula:

N = (A- F/3)/10

Sendo N=Nota final da proba; A= Preguntas acertadas; F= Preguntas falladas ou non respostadas.

Segundo exercicio.- Proba de galego:

A proba de coñecemento da lingua galega estará dirixida á comprobación, por parte do tribunal, de que os aspirantes comprenden, falan e escriben correctamente o galego. Para estes efectos deberán realizar con carácter obrigatorio e eliminatorio a seguinte proba que constará de dúas partes: na primeira os/as aspirantes deberán redactar en galego durante un tempo máximo de 30 minutos un documento propio das funcións da praza que se convoca; valoraranse os aspectos lingüísticos e adaptación aos criterios de modernización de linguaxe administrativa. Na segunda parte, de carácter oral, consistirá en manter unha charla en galego cunha duración máxima de 10 minutos cos membros do Tribunal, na que se falará do documento obxecto da primeira parte deste exercicio e só se valorarán os aspectos citados, admitíndose as variantes dialectais.

Esta proba será eliminatoria e cualificarase como apto ou non apto. Sen embargo, ás persoas aspirantes que acrediten estar en Posesión do CELGA 4, ou equivalente, daráselles por superada esta proba coa calificación de apto (art. 23.5 D. 143/2008 segundo redacción do D. 77/2010).

Terceiro exercicio.- Comprobación da estatura e probas de aptitudes físicas:

Consistirá en realizar tódalas probas físicas que se indican no Anexo I. A non superación de calquera das probas na forma indicada dará lugar á eliminación do/a candidato/a. A cualificación será de apto/a o non apto/a.

Cuarto exercicio .- Proba psicotécnica:

Estas probas están dirixidas a determinar as actitudes e aptitudes persoais dos/as aspirantes e a súa adecuación ás funcións policiais que deberán desempeñar, comprobando que presentan un perfil psicolóxico axeitado. Terán que efectuarse e valorarse por persoal especialista. A cualificación global será de apto/non apto.

A.3.1. Proba de intelixencia.

Realizarase unha valoración do nivel intelectual e doutras aptitudes específicas, explorando todos ou varios dos aspectos seguintes: intelixencia xeral, comprensión e fluidez verbal, comprensión de ordes, razoamento cognitivo, atención discriminativa e resistencia á fatiga intelectual.

A.3.2. Probas de personalidade.

As probas de personalidade orientaranse a avaliar os trazos da personalidade máis significativos e relevantes para o desempeño da función policial, así como o grao de adaptación persoal e social dos aspirantes. Así mesmo, deberá descartarse a existencia de síntomas ou trastornos psicopatolóxicos e/ou da personalidade.

Exploraranse os aspectos que a continuación se relacionan: estabilidade emocional, autoconfianza, capacidade empática e interese polos demais, habilidades interpersoais, control axeitado da impulsividade, axuste persoal e social, capacidade de adaptación a normas, capacidade de afrontamento do estrés e motivación polo traballo policial.

Os resultados obtidos nas probas deberán ser obxecto de contraste mediante a realización dunha proba individual, que consistirá na contestación a un cuestionario, formulado verbalmente, coa finalidade de valorar tamén o estado psicolóxico actual dos candidatos. Deste modo, á parte das características de personalidade sinaladas anteriormente, exploraranse, ademais, os seguintes aspectos: existencia de niveis disfuncionais de estrés ou de trastornos do estado de ánimo; problemas de saúde; consumo excesivo ou de risco de alcohol ou outros tóxicos e grao de medicación; expectativas respecto da función policial.

Quinto exercicio.- Recoñecemento médico:

O recoñecemento médico será efectuado por facultativos especialistas e o seu fin é garantir que os/as aspirantes estean en condicións idóneas para o exercicio das funcións policiais propias do posto de traballo. Cualificarase como apto/non apto.

Para os efectos da exclusión do/a aspirante, terase en conta o seguinte:

1. Obesidade - Delgadeza.

Obesidade ou delgadeza manifestas que dificulten ou incapaciten para o exercicio das funcións propias do cargo.

Índice de Masa Corporal (IMC) non inferior a 18,5 nin superior a 29,9. Considerando o IMC como a relación resultante de dividir o peso da persoa expresado en quilos polo cadrado da estatura expresado en metros.

2. Calquera enfermidade, padecemento ou alteración de carácter físico, psíquico ou sensorial, que, a xuízo dos facultativos médicos, impida, limite ou dificulte o exercicio das funcións policiais.

Para os diagnósticos establecidos neste anexo teranse en conta os criterios das sociedades médicas das especialidades correspondentes.

As exclusións garantiranse coas probas complementarias necesarias para o diagnóstico.

8.3.- Mobilidade.

O procedemento de selección consistirá na comprobación, avaliación e cualificación dos méritos alegados e xustificados polos aspirantes, segundo o disposto no Anexo I da “Orde do 28 de xaneiro de 2009 pola que se determinan as probas de selección, temarios e baremos de méritos para o ingreso, promoción interna e mobilidade nos corpos de policías locais” dictada pola Consellería de Presidencia, Administración Pública e Xustiza, en relación co baremo recollido no Anexo III destas bases.

f) Corrixise o erro advertido na Base Décima Curso Selectivo:

Donde di “Os aspirantes á categoría de Policía Local deberán realizar e superar un curso selectivo, que convocará a Consellería de Presidencia.”

Debe dicir “Os aspirantes á categoría de Policía Local deberán realizar e superar un curso selectivo, que convocará a Academia Galega de Seguridade”.

g) Corrixise o erro advertido no Anexo I. A.1.1. Proba de velocidade: carreira de 50 metros lisos:

No Anexo I, Probas Físicas, A.1.1. Proba de Velocidade, carreira de 50 metros lisos, onde di:

“Ás marcas máximas (en minutos) esixidas para a superación dá proba son: Homes 7,40’ - Mulleres 8,20’

debe dicir:

“Ás marcas máximas (en segundos) esixidas para a superación dá proba son: Homes 7,40’’ - Mulleres 8,20’’”

h) Corrixise o erro advertido Anexo I. A.1.4. Proba de resistencia xeral: carreira de 1.000 metros lisos:

No Anexo I, Probas Físicas, A.1.4. Proba de Resistencia Xeral, carreira de 1.000 metros lisos, onde di:

“Ás marcas máximas (en minutos) esixidas para a superación dá proba son: Homes 3,30’ - Mulleres 4,10’

debe dicir:

“Ás marcas máximas (en minutos e segundos) esixidas para a superación dá proba son: Homes 3’30’’ - Mulleres 4’10’’”

2.- Publicado o anuncio da convocatoria no BOE de 29 de outubro de 2010 O prazo de presentación de instancias de VINTE DÍAS NATURAIS contarase a partir da publicación do anuncio da convocatoria no DOG.

Cedeira, 29 de outubro de 2010

O Alcalde

José Luís Vergara Rey

Link: BOPONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Segunda corrección de erros das bases - Concello de Cedeira" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.35 Segundos