- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 65 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Executiva Confederal: apoio ós compañeiros en folga de fame

PHP-NukeA Executiva Confederal trasladou na mañá deste martes 19 de outubro o apoio da central sindical aos dous compañeiros que dende o pasado sábado están en folga de fame para demandar unha xuntanza co Ministro de Industria, a fin de buscar unha saída ás graves consecuencias que terá para Galiza a entrada en vigor do Decreto do Carbón. Os/as membros da Executiva acordaron manter a súa xuntanza semanal no local da CIG en As Pontes para arroupar así a Fernando Branco e Alberte Amado e reclamar ao goberno estatal a retirada da normativa, ou cando menos, que se modifique o decreto atendendo a proposta concreta achegada pola central nacionalista.


© 2010 - CIG

Gran manifestación o domingo 24 en FerrolA CIG advirte que as medidas de protesta continuarán no eido xurídico, institucional e social até que o goberno dea marcha atrás na súa arbitraria decisión. Por iso, dende a central faise un chamamento á participación masiva na manifestación convocada para o vindeiro domingo, 24 de outubro, en Ferrol. A marcha sairá ás 12:00 horas dende a Praza de España.


Os/as membros que integran este órgano de representación da CIG achegáronse por volta das dez da mañá até a caravana instalada diante da Casa Concello de As Pontes para trasladar o apoio e solidariedade da central ao responsábel local da CIG en As Pontes, Alberte Amado, e ao delegado sindical da central en Endesa, Fernando Branco, os dous compañeiros que dende o sábado pasado permanecen en folga de fame.
Con este xesto, a Executiva pretendía dar ánimos os compañeiros na súa loita, pero tamén visibilizar, unha vez máis, a rotunda oposición da central nacionalista ao texto do Real Decreto, que na práctica suporá a paralización das térmicas de Meirama e As Pontes, pondo en perigo a continuidade de máis de tres mil postos de traballo e a supervivencia económica de ambas comarcas, por mor dunha decisión puramente política.
Neste senso, o Secretario Xeral da CIG, Xesús Seixo, quixo denunciar, durante a visita aos dous folguistas, a “actitude de confusión” mantida tanto polo PP como polo PSOE, posto que en Madrid permitiron que o decreto saíse adiante, mentres que en Galiza se presentan “como os grandes opositores á norma, mais sen concretar cales son as súas propostas alternativas”.
Seixo rexeitou rotundamente as medidas compensatorias que demandan os/as representantes políticos para Galiza, pois o noso País “veuse afectado en numerosas ocasións por decisións do estado español e da Unión europea que levaron a graves recortes na produción industrial, e que logo se intentaron compensar con plans de industrialización e reactivación fantasmas” sen incidencia real na creación de empregos ou no desenvolvemento do tecido produtivo galego.

A central demanda unha reunión urxente co Ministerio de Industria

Alberte Amado e Fernando Branco decidiron incrementar as medidas de presión que a CIG está a desenvolver contra o Decreto do Carbón, logo de que o Ministerio de Industria desoíse a petición de xuntanza trasladada dende a Confederación Intersindical Galega, co obxecto de abordar as graves consecuencias da nova normativa para as centrais térmicas galegas e presentar a proposta concreta de modificación do Real Decreto da CIG.
Dita proposta pasa por repartir entre toda as tecnoloxías do sector eléctrico (nuclear, hidráulica, eólica, biomasa, fotovoltaica, carbón importado, gas...), e en proporción a súa achega ao sistema, o cupo que por motivos políticos se lle asigna ao carbón español. Na redacción actual, que en poucos días podería entrar en vigor, esta cota reservada só incide no carbón importado (que se usa nas centrais galegas) e nos ciclos de gas. No caso de que o goberno estatal atendese a solicitude da CIG, o impacto nas centrais galegas e nas empresas auxiliares sería moito menor, así como en todos os sectores económicos afectados polo Real Decreto (porto, transportistas, hostalaría, talleres, etc.).  Non obstante, dende a CIG continúase a demandar a retirada completa deste Real Decreto e a súa reformulación.

Link: CIGONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Executiva Confederal: apoio ós compañeiros en folga de fame" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.28 Segundos