|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 60 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Sabotaxe intencionada en varias estacións eléctricas |
Uns 300 domicilios da zona rural de Cedeira sufriron a semana pasada os
efectos dunha sabotaxe intencionada en varias estacións eléctricas do
termo municipal. Así o informou onte o alcalde da vila, José Luís
Vergara, quen asegurou que na noite do mércores manipuláronse varias
estacións eléctricas, unha na parroquia de Cervo e dúas no Beco e
Esteiro.
O rexedor asegurou que non se tratou dunha simple canallada senón do
traballo de alguén con coñecementos de electricidade, xa que a persoa ou
persoas en cuestión accederon á instalación e cortaron os cables que
deixaban sen luz aos veciños, sen causar máis desfeitas.
Os motivos desta acción están claros para Vergara, quen cre que o que se
buscaba ?é ofrecer unha imaxe de caos no municipio?. O alcalde tamén
considerou que non é unha casualidade que esta sabotaxe coincidise coas
vacacións do electricista municipal.
O servizo restableceuse por completo ao día seguinte.
Link: DFONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Sabotaxe intencionada en varias estacións eléctricas" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|