NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 42 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Percebeiros vs Confraría

PHP-NukeAlgúns percebeiros de Cedeira, un colectivo ao que están vinculados case un centenar de profesionais, non senten representados polas persoas que a día de hoxe están á fronte da Confraría de Pescadores. Piden a celebración de eleccións anticipadas e argumentan a súa postura en base á practicamente nula comunicación que a día de hoxe existe entre o citado colectivo e os responsables do depósito cedeirense. Neste sentido manifestábase onte Ramón Paz, un traballador con longa traxectoria profesional vinculada ao percebe e responsable, a finais dos anos noventa, da agrupación que se constituíu a partir da repartición da denominada Zona Oitava.
Ramón Paz entende que os intereses do colectivo non son prioritarios para os actuais responsables da Confraría, aínda cando a extracción do percebe representa unha das principais fontes de ingresos para o depósito.
Neste sentido, Paz subliñou que "por encima de todo están os valores da xente do mar" e recordou que "houbo un tempo no que había aspiracións e unidade", e no que ata se chegou a barallar a posibilidade de crear unha denominación de orixe para identificar os percebes que son extraídos en determinadas épocas do ano da zona comprendida entre o faro de Meirás e a referencia costeira denominada Pedra do Barcelona.
Os mercados nacionais, segundo este representante dos percebeiros da zona de Cedeira, están saturados de produtos que chegan doutras costas de Europa e África e esta situación, en opinión de Ramón Paz, prexudica de tal forma ao sector que pon en perigo desde os postos de traballo ata o recoñecemento mundial que merece "un produto único".
"Nunca tan mal estivemos".

É a opinión que onte reiterou Ramón Paz en varios momentos da conversación que mantivo coa redacción de Diario de Ferrol.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Percebeiros vs Confraría" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.18 Segundos