- FESTA + GASTO SOCIAL

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 45 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 Hai campo suficiente para o acordo

PHP-NukeUn artigo de opinión de Xavier Carro, deputado do PSdeG, publicado no Xornal de Galicia.

"
Debo comezar dicindo que a folga foi un éxito sen paliativos que debe apuntarse no haber dos sindicatos convocantes. Cumpríronse ademais tres feitos salientables e novos en democracia: escasos incidentes, cumprimento dos servizos mínimos alí onde foron pactados e unha posición de respecto ós convocantes, ás súas reivindicacións e ó papel que o movemento sindical desempeña na nosa sociedade por parte do Goberno de Zapatero.

Resúltame perfectamente comprensible a posición sindical. Non só por razóns persoais, senón porque nunha situación na que se produce a maior crise dos últimos oitenta anos, provocada pola cobiza do capitalismo, que Manuel Rivas chamaba “capitalismo impaciente”, polos excesos do sector financieiro internacional, polo neoliberalismo máis radical, con resultados nefastos en todo o mundo, pero especialmente sobre o emprego do noso país; que é capaz de crear moitos postos de traballo en períodos de crecemento, pero non é quen de conservalos durante as crises; con catro millóns de parados sobre a mesa, coa dereita político-mediática encirrando ós sindicatos contra o Goberno e coa patronal conxurada a facer fracasar o diálogo social, a folga xeral estaba cantada.

A convocatoria coincide cunha mobilización europea a prol dunha saída da crise máis preocupada polo benestar dos cidadáns que polos mercados, solucións que en gran parte non están nas mans dun único Estado, senón dun consenso internacional que non parece imposible, pero si difícil e seguramente insuficiente na concreción das medidas a aplicar como a taxa Tobin.

Nos ataques sindicais contra a política do Goberno están implícitas as circunstancias que o forzaron a tomalas. Non se trata dun xiro ideolóxico do presidente, senón da necesidade imperiosa de romper as desconfianzas dos mercados para evitar que o custo da débeda se coma a capacidade da nosa economía para manter e desenvolver no futuro as políticas sociais e os investimentos públicos.

Nestas circunstancias o éxito da folga fortalece as posicións sindicais e obriga ó Goberno a abrir, a construír un novo marco de diálogo e pacto cos sindicatos, con ou sen a patronal, que é quen queda máis descolgada neste novo escenario. Pero os contidos deses pactos teñen o límite que marca precisamente esa necesaria confianza dos mercados na nosa economía, polo que as reivindicacións terán que ser ben medidas e ben axeitadas ós contidos e prazos posibles, para non romper os equilibrios que nos están permitindo recuperar posicións e recoñecemento como economía fiable.

Ó meu entender hai campo suficiente para o diálogo e o acordo, quedan reformas importantes por facer, e poden facerse doutro xeito se son consensuadas cos sindicatos, quedan ata dezaoito normas de desenvolvemento da reforma laboral, e incluso esta mesma norma pódese reformar a medio prazo se os resultados así o aconsellan.

Un Goberno socialista ten que escoitar ós cidadáns, especialmente á súa base social, por iso persoalmente son partidario dun xesto claro na dirección de recuperar o diálogo social e de reequilibrar a presión dos custos da saída da crise cara a sectores da sociedade que, de momento, non están contribuíndo na medida que si o fan os traballadores, os funcionarios ou os pensionistas. Nesta dirección apuntan as reformas fiscais que se recollen nos Presupostos Xerais do Estado que gravan ás rendas máis altas. Pero quedan outros ámbitos con marxe para actuar coma a fraude fiscal, as políticas activas de emprego, o desenvolvemento do chamado Sistema Austríaco, a relación entre a formación profesional regrada e a que depende de empresarios e sindicatos, a intermediación laboral, o fortalecemento da negociación colectiva e incluso o financiamento da Igrexa Católica.

O movemento sindical e o Partido Socialista sempre camiñamos na mesma dirección cara ós mesmos obxectivos, para construír unha sociedade máis xusta e solidaria, con sistemas de protección social fortes que faciliten unha efectiva igualdade de oportunidades. As máis das veces fixémolo da man, e outras só camiñando en paralelo, pero as metas e o camiño son os mesmos."

Link: XORONLine
© 2010 Xavier Carro . Xornal de Galicia



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"Hai campo suficiente para o acordo" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.47 Segundos