NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 52 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 TEGA: Álvarez non será candiadata en 2011

PHP-NukeA alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, anunciou no comité comarcal de TEGA -celebrado o pasado luns na sede do partido en Santa Icía, Narón- a súa intención actual de non ser a candidata de Terra Galega á alcaldía valdoviñesa en 2011. Pola súa banda, o concelleiro Gonzalo Doce asegurou que nos próximos días comunicará oficialmente á agrupación se continúa ou non formando parte de TEGA.
Actualmente ambos manteñen a súa ficha no partido, aínda que polo momento non clarifican publicamente a súa postura de face ao futuro máis inmediato. O que si confirmaron ambos no transcurso do encontro celebrado en Narón é que non formarán parte das listas do PP, unha decisión que confirmaron tanto a alcaldesa como o concelleiro.
O alcalde naronés, Xosé Manuel Branco, foi o encargado de presidir unha reunión á que non puido asistir o secretario xeral do partido, Xermán Tobío, tal e como el mesmo confirmou. En calidade, segundo recalcou, de portavoz da reunión comarcal, Branco indicou que tanto Álvarez como Doce recoñeceron o pasado luns que continuaban en TEGA, especificando que "se algún día toman unha deisión, comunicaranlla aos órganos do partido".

A próxima reunión comarcal celebrarase a finais do próximo mes de outubro, probablemente o día 25. Antes de que o encontro teña lugar coñecerase a decisión do edil Gonzalo Doce con respecto á agrupación, segundo el mesmo asegurou.
Acerca das últimas situacións vividas en Terra Galega -coas baixas oficiais do edil Antonio Montero e o presidente do comité local de Valdoviño, Xosé Carlos Freire como feitos máis recentes-, Branco aludiu a "intereses de xente que se foi do partido para desestabilizalo". "Aí non imos entrar, non van conseguir cargarse o partido", subliñou o portavoz da reunión do comité comarcal de TEGA.
Xosé Manuel Branco explicou que, de face ás próximas eleccións municipais están traballando conxuntamente os comités de Ferrol, Narón, Neda e Valdoviño para tratar de "consolidar o partido" na comarca de Ferrolterra

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


"TEGA: Álvarez non será candiadata en 2011" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.20 Segundos