NOVO Centro de Saúde Sí !!!!

Bienvenidos a Portal de Noticias Cedeira OnLine Café Bar A MARINA!

     Menú
· Home
· Archivo de Noticias
· Buscar
· Contáctese
· Encuesta
· Enlaces
· Enviar Noticia
· Estadísticas
· Temas

     Online
Actualmente hay 25 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).

Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí

     Información


Concello de Cedeira

PHP-Nuke Espanol

Hosting Nuke

 TEGA: Sorpresa para uns e nada novo para outros

PHP-NukeTras coñecerse onte que a alcaldesa de Valdoviño, Isabel Álvarez, e o edil Gonzalo Doce abandonarán as filas de Terra Galega, foron moitas as chamadas e decisións que se tomaron ao longo da xornada. A primeira delas, non oficializar, polo menos de momento, a postura que se abordou tanto nunha reunión mantida a principios de semana en Narón como na convocada polo Comité local de Valdoviño o pasado xoves. Oficialicen ou non a súa postura, o certo é que o acordado por Álvarez e Doce non parece importar moito á actual cúpula do partido. Así se desprende das manifestacións realizadas a Diario de Ferrol polo seu actual secretario xeral de Terra Galega, Xermán Tobío, que asegurou que "eles impórtanme pouco?"

Máis descontenta coas formas que co fondo do anuncio da marcha, a rexedora valdoviñesa afirmou: "non xogo sucio; os primeiros en decatarse deben ser os membros do comité local, logo comunicalo á dirección do partido e, ao final, oficializarlo nos medios de comunicación". Álvarez limitouse a repetir que, "a día de hoxe, continúo en Terra Galega", pero en ningún momento contestou á pregunta de se seguirá no partido. "Eu estou en moitas reunións e non vou contar o que se falou nelas", subliñou Álvarez, que en ningún momento negou que a súa marcha das filas da agrupación "e a de Gonzalo Doce" fose un dos temas abordados na reunión de Narón, á que ambos asistiron, tal e como informaba onte Diario de Ferrol, e posteriormente na do comité local de Valdoviño, o pasado xoves, á que a rexedora non acudiu.
O secretario xeral de TEGA, Xermán Tobío, "tamén edil cedeirense, que cogobierna no municipio co PSOE e BNG" confirmou na tarde de onte non ter notificación oficial da marcha da rexedora e o concelleiro de Valdoviño. Ademais, asegurou que "extraoficialmente sei desde fai un ano que se ían". O secretario xeral do partido recordou que foi precisamente Isabel Álvarez unha das persoas que no seu día solicitou formar parte da dirección xeral de TEGA e para que "visen que non había rancores, eu asineille a entrada. Nas reunións, saíu todo por unanimidade", recordou este responsable da agrupación política. Tobío recriminou á alcaldesa que nunca contestase á pregunta de se abandonaría ou non Terra Galega. "Creo que lle fan un favor ao partido porque non comulgan coas ideas nacionalistas, están máis próximos á dereita do PP que á ideoloxía centrista de TEGA", indicou o secretario xeral, aludindo a unha postura que asegurou que era a "oficial" do partido, tras haberse posto en contacto co presidente do mesmo, Pablo Padín. Tobío foi máis aló. "Alégrome de que se vaian porque é xente que sobra", indicou, á vez que recoñeceu que "nós imos seguir traballando e nesa liña estamos".
O vindeiro luns, día 27, haberá unha reunión comarcal en Narón. Na mesma todos eles poderían verse as caras. Desde a agrupación naronesa anunciouse que na cita comezaranse a marcar as liñas políticas de face ás próximas municipais de maio de 2011. Fontes do partido incidiron en que, á vista da situación actual, non cobra moito sentido que continúen acudindo a esas reunións aquelas persoas que non oficializan a súa continuidade en TEGA.

Link: DFONLine



 
     Enlaces Relacionados
· Más Acerca de PHP-Nuke
· Noticias de Tono


Noticia más leída sobre PHP-Nuke:
Concello de Cedeira - Municipais Maio 2011


     Votos del Artículo
Puntuación Promedio: 0
votos: 0

Por favor tómate un segundo y vota por este artículo:

Excelente
Muy Bueno
Bueno
Regular
Malo


     Opciones

 Versión Imprimible Versión Imprimible


Tópicos Asociados

PHP-Nuke

"TEGA: Sorpresa para uns e nada novo para outros" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios
Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido.

No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor




© 2003-2019 Café Bar A MARINA
Tódolos dereitos reservados



PHP-Nuke Copyright © 2005 por Francisco Burzi. Este es software libre y puedes redistribuirlo bajo licencia GPL. PHP-Nuke no cuenta con absolutamente ninguna garantía
Página Generada en: 0.19 Segundos