|
Menú | |
Online | |
Actualmente hay 59 invitados, 0 miembro(s) conectado(s).
Eres un usuario anónimo. Puedes registrarte aquí | |
Información | |
| |
| Tunel submarino |
Os
grupos municipais de Terra Galega presentarán nesta semana unha moción
para pedir a entrada do AVE en Ferrol a través dun tunel submarino. Polo
desenvolvemento da nosa terra e pola sostenibilidade do noso
territorio.
O Ministerio de Fomento está a realizar desde o ano 2000 estudos
informativos sobre o trazado da liña do tren de alta velocidade entre as
localidades de Ferrol e A Coruña. O últimos destes estudos traza un
percorrido de 72 quilómetros, pois os trens entrarían ou sairían da
Coruña polo sur. Este trazado, obviamente demasiado longo, precisa da
expropiación de 9 millóns de metros cuadrados en 13 concellos, cun
custe estimado de 780 millóns de euros. O máis probable, é que si non
se atopan alternativas máis económicas, a liña do AVE Ferrol-A Coruña
non se construirá nunca.É posible, sen embargo, a realización de
novos estudos para trazados alternativos. Baixo os fiordos de Noruega
existen xa uns 25 túneles construídos. O seu custe estimado, nese país, é
de 30 millóns de euros por quilómetro.Un túnel baixo as rías de
Ferrol e Ares tería unha lonxitude aproximada de 25 quilómetros. Posiblemente, a obra sería máis cara que eses 72 quilómetros agora en
estudo, mais a cambio sería posible facer o traxecto Ferrol-A Coruña e
viceversa en 15 minutos e integraría á comarca nos eixos ferroviarios
atlántico (Ferrol-A Coruña-Lisboa), transcantábrico (Ferrol-A
Coruña-Bilbao) e da meseta (Ferrol-A Coruña-Madrid) e faría posible unha
explotación comercial competitiva da liña.
Link: TEGAONLine
|
|
|
|
| |
Enlaces Relacionados | |
Votos del Artículo | |
Puntuación Promedio: 0 votos: 0
| |
Opciones | |
|
Tópicos Asociados
|
|
"Tunel submarino" | Entrar/Crear Cuenta | 0 Comentarios |
| Los comentarios son propiedad de quien los envió. No somos responsables por su contenido. |
|
|
No se permiten comentarios Anónimos, Regístrate por favor |
|
|
|